Maria de Medeiros Esteves Victorino d' Almeida, nada en Lisboa o 19 de agosto de 1965, é unha actriz de cine, televisión e teatro, directora de cine, e cantante portuguesa.
Traxectoria
É filla dun director de orquestra e dunha periodista e a súa irmá Inés tamén é actriz. Pasou a súa infancia en Austria e estudou filosofía na Sorbona, mais abandonou para adicarse á interpretación. É diplomada pola École Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre e o Conservatoire National d’Art de París.
Dende 2012 vive en Barcelona,[1] está casada cun español e ten dúas fillas. Fala seis idiomas e foi a primeira muller portuguesa en ser designada pola UNESCO Artista pola paz.[2]
Filmografía
Coma actriz
- Silvestre, 1982.
- Paris vu par... vingt ans après, 1984.
- La Lectrice, 1988.
- A divina comédia, 1991.
- Huevos de Oro, 1993.
- Pulp Fiction, 1994.
- Três Irmãos, 1994.
- El detective y la muerte, 1994.
- Adão e Eva, 1995.
- Airbag, 1997.
- El sudor de los ruiseñores, 1998.
- Deuxième vie, 2000.
- Porto da minha infância, 2001.
- Stranded: Náufragos, 2002.
- Mi vida sin mí, 2003.
- Il resto di niente, 2004.[3]
- The Saddest Music in the World, 2004.
- Dans les cordes, 2007.
- Riparo, 2007.
- Mes stars et moi, 2008.
- O Contador de Histórias, 2009.
Coma directora
- Capitães de Abril, 2000.
- Je t’aime moi non plus, 2004.
Discografía
- A little more blue, 2006.
- Penínsulas & continentes, 2010.[4]
- Pássaros Eternos, 2013
Premios
Entre outros, gañou a Coppa Volpi 1994 da Bienal de Venecia.[5]
Notas
Véxase tamén