Marcelo Caetano

Modelo:BiografíaMarcelo Caetano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Marcello José das Neves Alves Caetano Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1906 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de São João Batista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ministro de Relacións Exteriores
6 de outubro de 1969 – 15 de xaneiro de 1970
101º Primeiro ministro de Portugal
27 de setembro de 1968 – 25 de abril de 1974
← António de Oliveira SalazarJunta de Salvação Nacional (pt) Traducir →
Ministro das Colónias (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Lisboa - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía política, dereito, Dereito administrativo, xurisprudencia, historia do dereito, ciencia política e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Portugal Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, historiador, xurista, avogado, profesor universitario, politicólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Nacional Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Каэтану Марселу)
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
BNE: XX883055 WikiTree: Neves_Alves_Caetano-1

Marcelo das Neves Alves Caetano, nado en Lisboa o 17 de agosto de 1906 e finado no Río de Xaneiro (Brasil) o 26 de outubro de 1980, foi un político, profesor e historiador portugués; último primeiro ministro da etapa do Estado Novo.

Traxectoria

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Lisboa, e douturouse en 1931. Comezou a súa carreira política en 1940, ocupando algúns cargos importantes no Estado Novo. Foi Comisario Nacional da Mocidade Portuguesa, ministro das Colonias e presidente da Cámara Corporativa.

Sempre ligado aos círculos políticos da dereita, apoiou a ditadura salazarista. En 1934 presentou o proxecto de Código Administrativo (que regula todos os aspectos da administración autárquica: o orgánico, o financeiro, o persoal e o contencioso) que foi aprobado ese mesmo ano. Presidiu a comisión que revisou o Código e publicou un novo en 1939.

En 1937, publica a primeira edición do seu Manual de Dereito Administrativo que, na súa vida, coñecería dez edicións (a última en 1973), todas diferentes e melloradas. Exerceu cargos políticos destacados no Estado Novo (ministro das Colonias, presidente da Cámara Corporativa e ministro da Presidencia ata 1958, cando unha importante crise política provoca a súa destitución por parte de Salazar).

Tras xurar non volver á vida política e tido pedido a súa exclusión do Consello de Estado, do que era titular vitalicio, non explica nas súas memorias por que razón, en 1968, á altura da destitución de Salazar, volveu a ese mesmo Consello e acabou por ser nomeado presidente do Consello de Ministros. Con todo, os seus méritos de intelectual e profesor de Dereito non son escurecidos polo seu desempeño das actividades políticas e gobernamentais. Foi o creador do moderno Dereito Administrativo Portugués, cuxa disciplina sistematizó e ordenou; influenciou a varias xeracións de xuristas e tamén de gobernantes. Foi profesor de Dereito Constitucional e tamén aquí deixou a mesma influencia aos vindeiros (estudáronse, por primeira vez desde un punto de vista xurídico e sistemático, os problemas dos fins e funcións do Estado, da lexitimidade dos gobernantes, dos sistemas de goberno etc.).

Foi tamén un historiador do Dereito, especialmente da Idade Media portuguesa; os seus estudos sobre as Cortes de 1254 e 1385 continúan sendo referencia. Ademais, o seu pasatempo de historiador revélase en cada manual das disciplinas dogmáticas en que son constantes as referencias históricas e eruditas sobre cada asunto. Morreu pouco tempo antes de ser publicado o primeiro e único volume da súa Historia do Dereito Portugués (que abarca desde antes da fundación da nacionalidade ata o final do reinado de Xoán II, en 1495)) e sen desexos de regresar xamais a Portugal no exilio no Brasil, logo da Revolución dos Caraveis que lle retirou todo dereito a pensións de xubilación.

Predecesor:
António de Oliveira Salazar
Primeiro Ministro de Portugal
1968 - 1974
Sucesor:
Xunta de Salvación Nacional