María Galiana Medina, nada en Sevilla o 31 de maio de 1935, é unha actriz española moi coñecida do teatro andaluz e o cine español. Antes do seu salto á actuación foi profesora nun instituto.
Traxectoria
Licenciada en Filosofía e Letras, e en Historia, Galiana exerceu como profesora de Historia e Historia da Arte nos institutos públicos IES Bellavista e IES Ramón Carande (anteriormente chamado Almirante Topete) de Sevilla ata a súa xubilación no ano 2000. Ese mesmo ano gañou o Goya á mellor actriz secundaria, polo seu único papel protagonista que tivo: Solas, un drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados, con Galiana no papel de nai e esposa sufridora.
Traballou, como actriz, baixo as ordes de José Luis García Sánchez, Fernando Trueba, Jaime de Armiñán, José Luis Cuerda ou Vicente Aranda.
É popularmente coñecida polo seu papel da avóa Herminia en Cuéntame cómo pasó (2001-2023), serie que narra as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española.
Ademais, tamén foi protagonista de La Mari (2003 e 2010), unha serie emitida en TV3 e Canal Sur na que aparecen Ana Fernández, Ramón Madaula e Carlos Hipólito e que trata sobre unha emigrante andaluza residente na Barcelona dos 60, 70 e principios da década de 1980.
Na cidade andaluza de Dos Hermanas (Sevilla) hai un instituto público co seu nome.
Filmografía
Cine
- Los muertos no se tocan, nene (José Luis García Sánchez, 2011)
- A caixa (Juan Carlos Falcón, 2006)
- Pura sangre (Leo Ricciardi, 2005)
- Tapas (Juan Cruz e José Corbacho, 2005)
- Roma (Adolfo Aristaraín, 2004)
- Una pasión singular (Antonio Gonzalo, 2003)
- Más pena que gloria (Víctor García León, 2000)
- Fugitivas (Miguel Hermoso, 2000)
- Plenilunio (Imanol Uribe, 2000)
- Solas (Benito Zambrano, 1999)
- Yerma (Pilar Távora, 1998)
- Libertarias (Vicente Aranda, 1996)
- Más allá del jardín (Pedro Olea, 1996)
- El rey del río (Manuel Gutiérrez Aragón, 1995)
- Así en el Cielo como en la Tierra (José Luis Cuerda, 1995)
- El palomo cojo (Jaime de Armiñan, 1995)
- Suspiros de España (José Luis García Sánchez, 1995)
- Tirano Banderas (José Luis García Sánchez, 1993)
- Belle Époque (Fernando Trueba, 1992)
- Malaventura (Manuel Gutiérrez Aragón, 1988)
- Pasodoble (José Luis García Sánchez, 1988)
- Madre in Japan (Francisco Perales, 1985)
Televisión
Teatro
Premios