Manuel Cuña Novás , nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992 na mesma cidade, foi un escritor e político galego , pertencente á Promoción de enlace .
Traxectoria
Fillo dos mestres Manuel Cuña e Sara Novás, pasou a infancia en Pontevedra, ata o período republicano , cando a súa familia se trasladou a Cidade Real , onde os sorprendeu a guerra civil . Coa fin da guerra o seu pai marchou ó exilio a Panamá , e a nai e os irmáns volveron a Galiza.[ 1]
Comezou a escribir poesía ó rematar a adolescencia , e colaborou en publicacións como Sonata Gallega , Finisterre , Cartel e El Pueblo Gallego . Nesa época estableceu amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil , ó que afastou da loucura . En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Trebón perpetuo , presentado co pseudónimo de Jorge Casasbellas.
En 1951 viaxou a Francia , onde escoitou e aprendeu de Jean-Paul Sartre , Albert Camus , Édith Piaf , Paul Éluard , e de acollidos como Friedrich Hölderlin , Rainer Maria Rilke ou Arthur Rimbaud .
Casou con Josefina e tivo dous fillos, o poeta Jorge Cuña Casasbellas e o militante anarcosindicalista Miguel Cuña Casasbellas.
Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español , foi senador pola provincia de Pontevedra de 1982 á súa morte en 1992.
Obra en galego
Poesía
Nicho no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra .
Frauta na noite , 1947 . Premio do Centro Gallego de Buenos Aires .
Fabulario novo , 1952 , Sabino Torres, Pontevedra, colección Benito Soto .[ 2] [ 3] [ 4]
Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte , 1976 , edición do autor, Pontevedra.
Antología poética = Antoloxía poética = Antologia poetica , 2007 , Fundación Cuña-Casasbellas. Antoloxía trilingüe galego-castelán-italiano.
Obra en castelán
Poesía
Mar de otra luz , 2008 , Fundación Cuña-Casasbellas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Cuña Novás, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 19 . La Voz de Galicia . 2003-2004. p. 119. ISBN 84-7680-429-6 .
"Cuña Novás, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1 . Ir Indo Edicións . 2010-2011. p. 308.
"Cuña Novás, Manuel". Diciopedia do século 21 2 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 634. ISBN 978-84-8288-942-9 .
"Cuña Novás, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 6 . Ir Indo . 1999-2002. p. 514. ISBN 84-7680-288-9 .
Couceiro Freijomil , Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán ) I . Bibliófilos Gallegos . p. 325.
Dobarro Paz , Xosé María ; et al. (2005). "Cuña Novás, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD ). El Progreso . ISBN 84-87804-88-8 .
Fernández del Riego , F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro . p. 104. ISBN 84-7492-465-0 .
Méndez Ferrín , Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra . Edicións Xerais de Galicia . pp. 244–246. ISBN 84-7507-139-2 .
Vilavedra , Dolores , ed. (1995). Diccionario da literatura galega . Autores I . Vigo : Editorial Galaxia . pp. 161–162. ISBN 84-8288-019-5 .
Outros artigos
Ligazóns externas