Virgilio Nóvoa Gil

Modelo:BiografíaVirgilio Nóvoa Gil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte1970 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Toén, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 310505 BNE: XX1383409 BUSC: novoa-gil-virgilio-1917

Virgilio Antonio Nóvoa Gil, nado na Xesta (Lalín) en 1913 e finado en Toén en xaneiro de 1970, foi un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria

Moi novo foi vivir a Pontevedra coa nai e as irmás. Estudou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid. Grande amigo de Manuel Cuña Novás, antes da guerra publicou dous libros de poemas e colaborou en periódicos e revistas como Vida Gallega, Diario de Pontevedra, El Progreso, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Libertad de Madrid. Foi mobilizado e loitou na guerra civil no bando nacional. Retornou a Pontevedra e colaborou nas revistas Sonata Gallega e Ciudad. Sabino Torres publicoulle en 1949 fragmentos do seu libro en prosa Agonía del hombre. Estivo recluído no sanatorio de Toen os últimos anos da súa vida.

Obras

  • Silencio, 1932.
  • El sueño desanclado, 1936.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas