Manolo García leva toda a súa carreira mantendo a súa vida persoal afastada da fama. Non se sabe o seu estado civil e case non hai datos da súa infancia, familia e actividades fóra do mundo da música máis que o achegado por el en entrevistas e actos públicos. Nos últimos anos achegou nas súas actuacións a súa irmá Carmen García (compoñente do grupo Carmen).
Inicios artísticos
Infancia e inicios
Os seus pais eran de Albacete e emigraron a Barcelona, a El Poblenou onde viviu moitos anos[1]. Dende neno tivo interese por pintar. Con sete anos, fixo as súas primeiras "performances" artísticas na terraza da casa dos seus pais. As súas primeiras creacións foron con elementos procedentes de refugallos industriais e pinturas con bonecos de marcas como Omo, Tutu, Persil e Ese, entre outras, que distribuían entre os nenos.
Con once anos pasou a experimentar con materiais como a madeira e a cola. Con anacos de chapas de madeira das industrias do barrio fai as súas primeiras creacións abstractas. Aos catorce anos continuaba entregado á elaboración de obras abstractas e experimentando con novas colas e materiais que conseguía nunha carpintaría do barrio.
No xornal La Vanguardia, de Barcelona, leu un anuncio no que buscaban un pintor de cadros ao óleo. García entrou a traballar no obradorio da Verneda, no que pintaban cadros con escenas de caza para decorar salóns. Chegou a ser un especialista en pintar ceos e lagoas; outros compañeiros seus do obradorio pintaban árbores e vexetación, e un terceiro pintaba rochas e casas, outro estaba especializado en pintar cazadores, cans e cervos. O último paso do proceso rematábao o mestre do obradoiro cos toques finais e engadindo a sinatura. O traballo déuselle ben e decidiu continuar coa súa faceta de autodidacta mercando un curso de Dibujar es fácil (el mesmo ten declarado nalgunha entrevista que aprendera a pintar cun curso por correspondencia).
Con dezasete anos entrou de mozo nunha axencia de publicidade. Pronto pasou ao estudio gráfico onde comezou a aprendizaxe como deseñador gráfico. Neses anos estudou na Escola d'Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona.
Aos vinte e un anos, e xa introducido no mundo da música, traballou como deseñador de portadas para pequenas discográficas nas que se realizaban copias (covers) e versións dos discos de éxito. En seis anos chegou a facer máis de 400 portadas.
Despois desta experiencia, decidiu establecerse pola súa conta como deseñador de xoguetes e material escolar, traballo que deixou para se dedicar á música como profesión.
A música como profesión
O seu primeiro concerto foi con trece anos, tocando tres cancións na sala do barrio de Verdun. Tocaron "All right now", de Free, "Who will stop the rain", de Creedence, e un tema propio. Os inicios artísticos de Manolo García como músico profesional están nas orquestras de baile das festas que percorren as vilas; estas foron a escola na que deu os seus primeiros pasos como músico. A primeira destas orquestras nas que estivo chamábase Materia Gris. Durante ano e medio traballou para montar un grupo, ata que coñeceu a Esteban Martín (do que sería Gabinete Caligari). Con el empezou a compoñer cancións. De aí xurdiron Los Rápidos, un quinteto con José Luis Pérez, Lluis Visiers e Antonio Fidel. Gravaron unha maqueta que enviaron á discográfica. O nome vén de que en só dous meses tiñan un contrato con EMI-Odeón. En novembro de 1980 xa estaban a gravar un disco.
A pesar de ter o apoio da discográfica e de dar case 300 concertos, o grupo non tivo éxito comercial.
Quimi Portet
En Els Hostalets de Balenyà, en 1982, coincidiron Manolo García (con Los Rápidos) e Quimi Portet (con Kul de Mandril). Os compoñentes de Los Rápidos separáronse e continuaron durante un tempo Manolo e Quimi tocando as súas cancións en locais. Co tempo pasaron a trocar o nome do grupo por Los Burros. Nesa etapa crearon unha discográfica, chamada Discos Kriminales, coa que autoeditaron material seu e doutros grupos.
Despois dos fracasos comerciais dos discos anteriores, Manolo García e Quimi Portet decidiron crear un grupo novo, El Último de la Fila, apoiados por unha pequena discográfica chamada PDI. Nunha entrevista, Manolo García explicaba a orixe do nome; segundo el, tódolos grupos eran star, number one, os primeiros... e eles elixiron algo diferente: ser os últimos.
O primeiro éxito do grupo chegou cando El Último de la Fila gañou o concurso de maquetas da revista Rock Spezial con "A cualquiera puede sucederle" e "Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana". O premio era gravar un disco coa multinacional Virgin. Rexeitaron o premio e preferiron gravar coa pequena discográfica PDI.
En 1985 saíron ao mercado con tres singles e o LP titulado Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana, faceta surrealista que sería explotada con moito éxito en futuros traballos. Trinta mil copias vendidas deron a coñecer cancións como a mítica "Querida Milagros" ou "Dulces sueños". O estilo aflamencado da voz de Manolo e a guitarra española de Quimi daban un ton fresco e novidoso ás cancións, que conectaban sen dificultade coas evidentes raíces pop dos dous músicos. Co disco conseguiron o premio ao grupo revelación de 1985 outorgado polo programa Diario Pop de Radio 3. Esta sería unha constante do éxito do grupo e de Manolo García: a calidade musical recoñecida por premios, pola crítica e polo público. Unha acertada elección foi o discográfica, o paso á mutinacional EMI e a creación dun selo propio, Perro Records, co que seguen a editar Manolo García e Quimi Portet as súas cancións. Outra clave do éxito foi o apoio a causas humanitarias, benéficas e de protección da natureza. A participación en concertos multitudinarios achegou as súas cancións ao grande público. O seu bo directo fixo o resto. En 1993, Astronomía Razonable chegou a vender un millón de copias. O grupo xa tiña probado a cantar en italiano e inglés, e ata a dar pequenos concertos por toda Europa. Foi entón cando decidiron a disolución do grupo, que fixeron pública o 13 de xaneiro de 1998.
Houbo varios intentos posteriores para volver xuntar o grupo. O último foi organizado por Radio 3 para dar un concerto en Santiago de Compostela, na praza do Obradoiro, pero non chegou a concretarse.
Carreira en solitario
O 4 de maio de 1998 Manolo García sacou ao mercado Arena en los Bolsillos, que chegou a vender máis dun millón de discos. Con este álbum conseguiu os premios Amigo a mellor solista masculino español e ao mellor álbum español, e tres premios da música como mellor artista pop, mellor álbum e mellor produción artística, ademais do premio ondas ao mellor artista en directo.
A finais de novembro de 2002, un dos participantes do programa de televisión Operación Triunfo versionou a canción "Pájaros de Barro" (unha das máis coñecidas de Manolo García). O programa pagou os dereitos de autor pero non pediu permiso. Baixo o nome de Operación Triunfo y el derecho a la disidencia[2], Manolo García fixo unha crítica ao sistema de promoción comercial do programa e do sector musical, rexeitando o formato que se estaba a empregar pero puntualizando que respectaba o esforzo dos que nel participaban. A súa canción foi retirada e non foi incluía nos recompilatorios que publicou Operación Triunfo.
Discografía
Discografía en solitario de Manolo García
Arena en los bolsillos (BMG, 1998)
1 Prefiero el trapecio 2 Carbón y ramas secas 3 Del bosque de tu alegría 4 Pájaros de barro 5 Sobre el oscuro abismo en que te meces 6 A quien tanto he querido 7 Como quien da un refresco 8 Zapatero 9 A San Fernando, un ratito a pie y otro caminando 10 La llanura 11 Viernes 12 La sombra de una palmera 13 Carbón y ramas secas» (Versión 2) 14 Pájaros de barro» (Instrumental)
Nunca el tiempo es perdido (BMG, 2001)
1 Sin que sepas de mí 2 Suave, suave 3 Rosa de Alejandría 4 Somos levedad 5 Con los hombres azules 6 Vendrán días 7 Mientras observo al afilador 8 Nunca el tiempo es perdido 9 Por respirar 10 Alegre como una mosca ante un pastel de bodas 11 Prendí la flor 12 En los desiertos por habitar 13 Alegre como una mosca ante un pastel de bodas (Fragmento) 14 Un plan
Para que no se duerman mis sentidos (BMG, 2004)
1 Una tarde de sol 2 Para que no se duerman mis sentidos 3 Sobre tus pasos 4 Malva 5 Niña Candela 6 Sólo un poco 7 En una playa calma 8 Fragua de los Cuatro Vientos 9 Serena barca 10 Vive en mí un recuerdo 11 Ardió mi memoria 12 En un estanque de libélulas 13 Si te vienes conmigo 14 Éramos 15 De libélulas 16 La Atunara (Instrumental)
Saldremos a la lluvia (BMG, 2008)
1 Saldremos a la lluvia 2 No estés triste 3 Morder el polvo 4 Provincia de Río Negro 5 Me he sentado a esperar 6 Sabrás que andar es un sencillo vaivén 7 Tu pequeña tienda 8 Los cítricos amantes 9 Contigo me quedaría 10 En el batir de los mares 11 A lo lejos del río 12 Cierro la noche 13 Sueño 28 14 Sabrás que andar es un sencillo vaivén (1ª versión)
Los días intactos (Sony music, 2011)
1 Todos amamos desesperadamente 2 Un año y otro año 3 Un alma de papel 4 Lo quiero todo 5 Un giro teatral 6 Sombra de la sombrero de tu sombrero 7 Estoy alegre 8 Compasión y silencio 9 Junto a ti 10 Creyente bajo torres de alta tensión 11 Los errantes 12 Lo que me diste cuando nada pedí 13 Estamos ahí 14 Cabalgar a la eternidad 15 Un giro teatral acústico bonus track 16 Un alma de papel acústico bonus track
Todo es ahora (Sony music, 2014 dobre CD)
CD 1 1 Caminaré 2 Campanas de Libertad 3 Es Mejor Sentir 4 Pan de Oro 5 Arrastre la Noche 6 Subo Escalas, Bajo Escalas 7 Esta Noche He Soñado Con David Bowie 8 El Club de los Amantes Desairados 9 Canción del Solitario Que Se Reconcilio Con el Mundo 10 Volveremos a Encontrarnos 11 Irma, Dulce Irma 12 Todo Es Ahora 13 Es Tiempo de Retornar 14 Exprimir la Vida CD 2 1 Caminaré (Maqueta) 2 Campanas de Libertad (Maqueta) 3 Es Mejor Sentir (Maqueta) 4 Pan de Oro (Maqueta) 5 Subo Escalas, Bajo Escalas (Maqueta) 6 Esta Noche He Soñado Con David Bowie (Maqueta) 7 El Club de los Amantes Desairados (Maqueta) 8 Canción del Solitario Que Se Reconcilio Con el Mundo (Maqueta) 9 Irma, Dulce Irma (Maqueta) 10 Todo Es Ahora (Maqueta) 11 Es Tiempo de Retornar (Maqueta)
Todo es ahora (Directo)
Geometría del Rayo (2018)
1 En tu voz 2 La llamada interior 3 Las puntas de mis viejas botas 4 Nunca es tarde 5 Humo de abrojos 6 Océano azul 7 Ardieron los fuegos 8 El frío de la noche 9 Ruedo, rodaré 10 Quiero esa pasión 11 Si todo arde 12 Dime dónde está 13 Me gustas 14 Urge 15 La gran regla de la sabiduría 16 Océano azul (edit radio)