Lucia Brown Berlin, nada en Juneau o 12 de novembro de 1936, finada en Marina del Rey o 12 de novembro de 2004, foi unha escritora e profesora universitaria estadounidense.[1][2] Só obtivo notoriedade once anos tras a súa morte, en agosto de 2015, coa publicación por Farrar, Straus e Giroux do volume de historias seleccionadas, A Manual for Cleaning Women editado por Stephen Emerson. Chegou á lista dos best-sellers de New York Times a súa segunda semana, e as semanas seguintes superou todos os seus libros anteriores combinados.[3][4] A pesar da colección non ser elixíbel para os premios anuais (porque a autora falecera, ou porque se trataba de material recollido), foi nomeada para un gran número de listas de fin de ano, incluíndo o New York Times Book Reviews "10 Mellores Libros de 2015."[5] Tamén foi unha das finalistas do Premio Kirkus.[6]
Traxectoria
Berlin naceu en Juneau, en Alasca, e pasou a súa infancia en movemento, seguindo a carreira do seu pai como enxeñeiro de minas. A familia viviu en campamentos mineiros no estado de Idaho, Montana e Arizona, e Chile, onde Lucia pasou a maior parte da súa xuventude. Como adulta, viviu no Novo México, México, California do Norte e do Sur e no Colorado.[7]
Está enterrada no Green Mountain Cemetery, en Boulden, Colorado. A súa lápida ten unha cita da súa obra Welcome Home[8]:
They call it heartache because missing someone is an actual physical pain, in your blood and bones.
Obra
Berlin comezou a publicar relativamente tarde na vida, so o incentivo e, ás veces, a tutela do poeta Ed Dorn. A súa pequena colección, Angels Laundromat, foi publicada en 1981, mais as súas historias publicadas foron escritas en 1960. Varias das súas historias apareceron en revistas como The Atlantic e The Noble Savage de Saul Bellow. Berlin publicou seis colectáneas de contos, mais a maioría do seu traballo pode ser encontrado nos tres últimos volumes da Black Sparrow Books: Homesick: New and Selected Stories (1990), So Long: Stories 1987-92 (1993) e Where I Live Now: Stories 1993-98 (1999).
A súa historia dunha páxina "My Jockey", de cinco parágrafos, gañou o Jack London Short Prize de 1985. Berlin tamén gañou un American Book Award en 1991 para Homesick, e foi premiada cunha bolsa do National Endowment for the Arts.[9]
Obras
- A Manual for Cleaning Ladies.. Traducido no Brasil como Manual da Faxineira e en Portugal como Manual para mulheres de limpeza. Illustrations by Michael Myers. Washington, D.C. [i.e. Healdsburg, California]: Zephyrus Image, 1977. OCLC 6148887
- Angels Laundromat: Short Stories. Portada e illustracións de Michael Shannon Moore. Berkeley, CA: Turtle Island for the Netzahaulcoyotl Historical Society, 1981. ISBN 978-0-913-66639-5 OCLC 7532068
- Legacy. Berkeley, CA: Poltroon Press, 1983. Illustrated by Michael Bradley. OCLC 10869572
- Phantom Pain: Sixteen Stories. Bolinas, CA: Tombouctou Books, 1984. ISBN 978-0-939-18028-8 OCLC 633368020
- Safe & Sound. Berkeley, CA: Poltroon Press, 1988. Illustrated by Frances Butler. ISBN 978-0-918-39505-4 OCLC 123106761
- Homesick: New & Selected Stories. Santa Rosa CA: Black Sparrow Press, 1990. ISBN 978-0-876-85816-5 OCLC 22597395
- So Long: Stories, 1987-1992. Santa Rosa, CA: Black Sparrow Press, 1993. ISBN 978-0-876-85894-3 OCLC 27381091
- Where I Live Now: Stories, 1993-1998. Santa Rosa, CA: Black Sparrow Press, 1999. ISBN 978-1-574-23091-8 OCLC 475160702
- A Manual for Cleaning Women: Selected Stories. Edited by Stephen Emerson. Foreword by Lydia Davis. Nova York, NY: Farrar, Straus and Giroux, 2015. ISBN 978-0-374-20239-2 OCLC 898433447
Notas