A familia de Louis Pierre Vieillot tiña intereses na illa da Española, en Haití, e alí pasou gran parte da súa xuventude.
Prohibida a súa presenza en Francia durante a Revolución francesa, refuxiouse nos Estados Unidos onde estudou a fauna aviaria. Como resultado da súa estancia neste país publicou o libro, incompleto, Les Oiseaux de l'Amérique septentrionale (1808).
De volta a Francia en 1800 (ou 1801), ocupou un modesto emprego no Bulletin des Lois.
Nos anos seguintes, Vieillot publicou a Histoire des oiseaux dorés ou à reflets métalliques (1802) e a Histoire naturelle des plus beaux oiseaux chanteurs de la zone torride (1805).
En 1802, en colaboración con Jean Baptiste Audebert, publicou a Histoire naturelle et générale des colibris, oiseaux-mouches, jacamars et promerops, seguida da Histoire naturelle et générale des grimpereaux et des oiseaux de paradis.
Na Analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire, que apareceu en 1816, Vieillot tenta anticiparse a certos traballos de Georges Cuvier. Participa activamente na redacción do Nouveau dictionnaire d'histoire naturelle (1803-1819).
Vieillot foi un dos primeiros ornitólogos que estudou es modificacións da plumaxe. Tiraba as súas observacións de aves mortas, pero tamén dos traballos de campo.
Non puido acabar a súa Ornithologie française, ou Histoire naturelle, générale et particulière des oiseaux de France, cuxa apariciónn comezou en 1823 e interrompeuse pola morte do seu autor.
Histoire naturelle des plus beaux oiseaux chanteurs de la zone torride, Dufour, París, 1805.
Histoire naturelle des oiseaux de l'Amérique septentrionale, Desray, París, 1807-1808.
Analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire, d'Éterville, París, 1816.
Mémoire pour servir à l'histoire des oiseaux d'Europe, Turín, 1816.
Ornithologie, Lanoe, París 1818.
Faune française ou Histoire naturelle, générale et particulière des animaux qui se trouvent en France, Le Vrault & Rapet, París, Estrasburgo, Bruxelas, 1820-1830.
La galerie des oiseaux du cabinet d'histoire naturelle du jardin du roi, Aillard & Constant-Chantpie, París, 1822-1825.
Ornithologie française ou Histoire naturelle, générale et particulière des oiseaux de France, Pelicier, París, 1830.
Abreviatura
A abreviatura Vieillot emprégase para recoñecer a Louis Pierre Vieillot como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
"Louis Jean Pierre Vieillot" en: Tom Taylor & Michael Taylor (2011): Aves: A Survey of the Literature of Neotropical Ornithology. Baton Rouge: Louisiana State University Libraries. ISBN 978-0-6154-5363-7.