A loita é un deporte disputado nos Xogos Olímpicos de Verán dende que foi presentado nos Xogos Olímpicos antigos no ano -708.[1] Forma parte do programa dos Xogos modernos dende a primeira edición celebrada en Atenas (Grecia) no ano 1896, e sempre formou parte do programa, agás na edición de 1900 realizada en París (Francia).
A competición comezou en 1896 coa modalidade de loita grecorromana, e na edición de 1904 celebrada en Saint Louis (nos Estados Unidos de América) incorporouse a competición de loita libre. A competición feminina comezou na edición de 2004 celebrada en Atenas (Grecia).
Os grandes dominadores da disciplina son a Unión Soviética, os Estados Unidos, Suecia, Turquía e Finlandia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|