O cróquet é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial nunha soa ocasión, nos Xogos Olímpicos de 1900, onde se disputaron tres probas de croquet. Participaron sete homes e tres mulleres.
En primeiro lugar disputouse a competición de dobres, e as semanas seguintes a de individuais a unha bóla e a de individuais a dúas bólas. 9 dos 10 competidores eran franceses, país que gañou todas as medallas. O outro participante foi belga.
De Wael, Herman. Herman's Full Olympians: "Croquet 1900". Consultado o 10 de xaneiro de 2006. Dispoñible en liña en [1]Arquivado 26 de novembro de 2005 en Wayback Machine..
Mallon, Bill. "The First Two Women Olympians" in Citius, Altius, Fortius, outono de 1995, No. 3, p. 38. Dispoñible en formato pdf da AAFLA [2]Arquivado 08 de agosto de 2010 en Wayback Machine..