O bádminton é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1992. Tralo Campionato Mundial, é a máxima competición internacional de bádminton. É organizado polo Comité Olímpico Internacional (COI), xunto coa Federación Mundial de Bádminton (BWF).
Dispútanse cinco torneos diferentes, dous masculinos (individual e dobres), dous femininos (individual e dobres) e un mixto (dobres). Na primeira edición non se realizou o torneo de dobres mixto. Na edición de 1992 foron entregadas por proba dúas medallas de bronce (unha a cada un dos perdedores das semifinais); no resto de edicións disputouse adicionalmente un partido polo terceiro lugar para definir ao gañador da medalla de bronce. O gran dominador deste deporte é a China.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|