Na célla animal a membrana é a única barreira, pero en plantas e bacterias a membrana está rodedada por unha parede celular resistente, que lle dá forma e rixidez ás células, protexéndoas tamén, en parte, da lise.
A técnica escollida para a rotura celular ten que considerar a orixe do tecido para avaliar a súa facilidade ou dificultade de destrución. Ademais o método debe ser compatible coa cantidade de material que será procesado e as aplicacións que se lle pretencden dar a este.
Citólise
A citólise ocorre cando a célula explota debido a un desequilibrio osmótico que causa que un exceso de auga entre na célula.
A citólise pode ser evitada por diversos mecanismos, como a posesión de vacúolos contráctiles como os dalgúns paramecios, que bombean a auga rapidamente fóra da célula. A citólise non ocorre baixo as condicións normais en células de plantas porque as células de plantas teñen unha forte parede celular que resiste a presión osmótica ou presión de turxencia, o que as protexe evitando a citólise.
O termo tamén se usa para indicar a redución dun inchamento.[4]
Plasmólise
A plasmólise é a contracción da célula debido á perda de auga causada pola osmose. Na célula vexetal esta contracción prodúcese dentro da parede celular. Nun ambiente hipertónico, a membrana da célula vexetal despégase da parede, a célula perde auga e, por tanto, volume, encolléndose e o vacúolo colapsa, aínda que a parede mantén a forma externa da célula. Estas células finalmente dexeneran e morren a non ser que volva entrar auga na célula se as condicións osmóticas cambian.[5] Non obstante, aínda que a célula perda volume, a integridade da membrana mantense, a diferenza da lise convencional.
O proceso similar de encollemento celular na célula animal (que carece de parede) chámase crenación.
Na resosta inmunitaria a lise pode ser mediada por linfocitos que expresan na súa superficie receptores como o TCR da célula T, que se unen ao complexo antíxeno-molécula do complexo maior de histocompatibilidade I, e posteriormente segregan linfocinas e perforinas, as cales producen canais iónicos na célula infectada ou neoplástica e entón cáusanlle a lise e morte. Os TCR dos linfocitos T recoñecen os antíxenos nas células hóspede infectadas por virus ou naquelas células que sufriron transformación neoplásica (tumoral).
A lise cellar utilízase nos laboratorios para romper as células, liberar o seu contido e purificar ou estudar os seus compoñentes. A lise no laboratorio pode verse afectada por encimas ou deterxentes ou outros axentes caotrópicos. A disrupción mecánica das membranas celulares, como a realizada por repetidas conxelacións e desconxelacións, sonicación, presión, ou filtración pode tamén denominarse lise. Moitos experimentos de laboratorios son sensibles á elección que se faga do mecanismo de lise; a miúdo é desexable evitar forzas de cizalla mecánicas que desnaturalizarían ou degradarían macromoléculas sensibles, como as proteínas e ADN, e diferentes tipos de deterxentes poden dar diferentes resultados. A solución non procesada inmediatamente despois da lise, pero antes de calquera paso de extracción ulterior denomínase xeralmente lisado cru.[8][9]
Homoxeneización líquida. As células rompen ao obrigalas a pasar por espazos moi pequenos.
Sonificación. Ondas de alta frecuencia rompen as células.
Conxelación. Ciclos de conxelación continuos rompen a célula inducindo a formación de cristais.
Lise celular por medio de deterxentes. É unha maneera máis suave de romper a membrana plasmática. Os deterxentes rompen a barreira lipídica solubilizando as proteínas e interrompendo as interaccións lípido-lípido, lípido-proteína e proteína-proteína. Os deterxentes, igual que os lípidos, asócianse entre eles e únense a superficies hidrofóbicas. Compóñense dunha cabeza polar hidrófila e unha cola non polar hidrófoba.
Notas
↑P. Jollès, ed. (1996). Lysozymes--model enzymes in biochemistry and biology. Basel: Birkhäuser Verlag. pp. 35–64. ISBN978-3-7643-5121-2.
↑Jiang N, Tan NS, Ho B, Ding JL; Tan; Ho; Ding (October 2007). "Respiratory protein-generated reactive oxygen species as an antimicrobial strategy". Nature Immunology8 (10): 1114–22. PMID17721536. doi:10.1038/ni1501.