Esferoplasto

Un esferoplasto de E. coli.

Un esferoplasto é unha célula á cal se lle eliminou case completamente a parede celular pola acción da penicilina. Aplícase xeralmente a bacterias, pero tamén a outros microorganismos, por exemplo lévedos. O nome procede do feito que despois de que se dixire a parede celular dun microbio, a tensión da membrana causa que a célula adquira unha característica forma esférica. Os esferoplastos son osmoticamente fráxiles, e sofren lise se son transferidos a unha solución hipotónica.

Usos e aplicacións

Descubrimento de antibióticos

Desde a década de 1960 á de 1990 Merck and Co. usou o cribado de esferoplastos como método principal para o descubrimento de antibióticos que inhibían a biosíntese da parede celular. Neste cribado ideado por Eugene Dulaney, as bacterias en crecemento eran expostas a substancias de comprobación en condicións hipertónicas. Os inhibidores da síntese da parede celular causaron que as bacterias en crecemento formasen esferoplstos. Este cribado facilitou o descubrimento da fosfomicina, cefamicina C, tienamicina e varios carbapenems.[1]

Patch clamp

Poden utilizarse esferoplastos xigantes especialmente preparadas de bacterias gramnegativas para estudar a función das canles iónicas bacterianas por medio dunha técnica electrofisiolóxica chamada patch clamp, que foi orixinalmente deseñada para caracterizar o comportamento das neuronas e outras células excitables. Para preparar esferoplastos xigantes, as bacterias cultívanse nun medio que contén substancias químicas que impiden que as células se dividan completamente. Isto causa que as bacterias formen longas "serpes" que comparten unha soa membrana e citoplasma. Despois dun período de tempo, as paredes celulares destas "serpes" son dixeridas, e as bacterias colápsanse formando grandes esferas rodeadas por unha soa bicapa lipídica. A membrana pode despois ser analizada nun aparato da patch clamp para determinar o fenotipo das canles iónicas incrustadas nela. Tamén é común sobreexpresar unha determinada canle para amplificar o seu efecto e facer que sexa así fácil de caracterizar.

A técnica do patch clamp aplicada a esferoplastos xigantes de Escherichia coli foron utilizados amplamente para o estudo das canles mecanosensitivas nativas (MscL, MscS e MscM) de E. coli desde 1987.[2][3] Recentemente, o seu uso foi ampliado ao estudo doutras canles iónicas expresadas heterologamente e observouse que os esferoplastos xigantes de E. coli poden utilizarse como un sistema de expresión dunha canle iónica comparable aos ovocitos de Xenopus.[4][5][6][7]

Lise celular

As células de lévedo están normalmente protexidas por unha grosa parede celular que fai que a extracción de proteínas sexa difícil. A dixestion encimática da parede celular con cimoliase, creando esferoplastos, fai que a célula sexa vulnerable a unha lise fácil con deterxentes ou cambios de presión osmolar rápidos.

As bacterias gramnegativas, como E. coli son sometidas á lise da parede externa por shock osmótico e a acción do encima lisozima e etilenediaminatetraacetato (EDTA), o axente quelante, coa subseguinte liberación do contido do espazo periplásmico e os esferoplastos que teñen o contido celular interno no medio de sacarosa. A lisozima cataliza a hidrólise da capa de peptidoglicano, mentres que a EDTA destrúe a membrana externa facilitando o acceso do encima ás capas internas da parede celular.[8] Entre os encimas periplásmicos liberados durante a rotura da parede celular externa de E. coli están: unha fosfatase alcalina, unha fosfodiesterase cíclica, unha fosfatase ácida, e unha 5’-nucleotidase.[9] O medio sacarosa-tris(hidroximetil)aminometano-HCl é esencial para a preservación da integridade dos encimas por lise. O EDTA axuda a hidrólise celular pola unión de ións divalentes, como o Ca2+, e eliminándoas da parede abrandando así a parede para unha ulterior acción da lisozima.[10]

Transfección

Os esferoplastos bacterianos, cun ADN recombinante axeitado inserido nel, poden utilizarse para transfectar células animais. Os esferoplastos con ADN recombinantes son introducidos nos medios que conteñen células animais e son fusionados polo polietilenglicol (PEG). Con esta metodoloxía, case o 100% das células animais poden captar o ADN alleo.[11] Facendo experimentos que seguían o protocolo de Hanahan modificado usando cloruro de calcio en E. coli, determinouse que os esferoplastos poden transformar cunha eficiencia de 4,9x10−4.[12]

Notas

  1. Silver, L.L. Rational approaches to antibiotic discovery: pre-genomic directed and phenotypic screening, 2.4.2 Screens for spheroplast formation. In: Thomas Dougherty, Michael J. Pucci, Antibiotic Discovery and Development. Chap. 2, p. 46.
  2. Martinac, B., Buechner, M., Delcour, A. H., Adler, J., and Kung, C. (1987) Pressure-sensitive ion channel in Escherichia coli. Proc. Natl. Acad. Sci. USA 84, 2297-2301.
  3. Blount, P., Sukharev, S. I., Moe, P. C., Martinac, B., and Kung, C. (1999) Mechanosensitive channels of bacteria. Methods in Enzymology 294, 458-482.
  4. Santos, J. S., Lundby, A., Zazueta, C., and Montal, M. (2006) Molecular template for a voltage sensor in a novel K+ channel. I. Identification and functional characterization of KvLm, a voltage-gated K+ channel from Listeria monocytogenes. Journal of General Physiology 128(3), 283-292.
  5. Nakayama, Y., Fujiu, K., Sokabe, M., and Yoshimura, K. (2007) Molecular and electrophysiological characterization of a mechanosensitive channel expressed in the chloroplasts of Chlamydomonas. Proc. Natl. Acad. Sci. USA 104, 5883-5888.
  6. Kuo, M. M.-C., Baker, K. A., Wong, L., and Choe, S. (2007) Dynamic oligomeric conversions of the cytoplasmic RCK domains mediate MthK potassium channel activity. Proc. Natl. Acad. Sci. USA 104, 2151-2156.
  7. Kuo, M. M.-C., Saimi, Y., Kung, C., and Choe, S. (2007). Patch-clamp and phenotypic analyses of a prokaryotic cyclic nucleotide-gated K+ channel using Escherichia Coli as a host. J. Biol. Chem. 282, 24294-24301.
  8. Tortora, Gerard; Funke, Berdell; Case, Christine (2016). Microbiology: An Introduction. United States: Pearson. pp. 84. ISBN 0-321-92915-2. 
  9. Neu, Harold C.; Heppel, Leon A. (September 1, 1965). "The release of enzymes from Escherichia coli by osmotic shock and during the formation of spheroplasts.". The Journal of Biological Chemistry 240 (9): 3685–3692. PMID 4284300. 
  10. Ninfa, Alexander J.; Ballou, David P.; Benore, Marilee (2010). Fundamental Laboratory Approaches for biochemistry and Biotechnology. (2nd ed.). United States of America: John Wiley & Sons, Inc. pp. 234. ISBN 978-0-470-08766-4. 
  11. Gietz, R. D.; Woods, R. A. (2001-04-01). "Genetic transformation of yeast". BioTechniques 30 (4): 816–820, 822–826, 828 passim. ISSN 0736-6205. PMID 11314265. 
  12. "The Effect of Spheroplast Formation on the Transformation Efficiency in Escherichia coli DH5α". ResearchGate (en inglés). Consultado o 2017-05-07. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

James Howard Meredith entra all'Università del Mississippi, scortato da John Doar (a destra) e dal capo del United States Marshals Service James McShane (a sinistra) James Howard Meredith (Kosciusko, 25 giugno 1933) è un attivista statunitense. Indice 1 Biografia 1.1 L'iscrizione all'Università del Mississippi 1.2 Eventi successivi 2 Voci correlate 3 Altri progetti 4 Collegamenti esterni Biografia James Howard Meredith, nacque a Kosciusko, una piccola città, capoluogo della contea di Atta...

 

Wali Kota BlitarKridha Hangudi JayaPetahanaSantososejak 26 Februari 2021KediamanRumah Dinas Wali Kota BlitarMasa jabatan5 tahunDibentuk1 April 1906Situs webwww.blitarkota.go.id Berikut ini adalah Daftar Pejabat Wali Kota Blitar dari masa ke masa.[1][2] No Wali Kota Awal menjabat Akhir menjabat Wakil Wali Kota Keterangan Masa Pemerintahan Hindia Belanda 1 J.H. Boerstra Asisten Residen Kediri.[cat. 1] 2   Th. J. Cathero[cat. 2][3] Asisten Reside...

 

Swedish artist and art critic portrait by Jan de Meyere Otto Gustaf Carlsund (11 December 1897 – 25 July 1948) was a Swedish avant-garde artist and art critic, connected to Cubism, Purism, Neo-Plasticism, and Concrete art. Biography In 1924 he moved to Paris to study under Fernand Léger and Amédée Ozenfant at their newly founded Académie Moderne, where he developed a style of painting at first resembling Léger's, though soon became greatly influenced by Ozenfant's Purist style.[1&#...

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

 

Japanese professional wrestling promotion Tenryu ProjectFounded2010(re-established) November 15, 2020StylePuroresuHeadquartersTokyo, JapanFounder(s)Genichiro TenryuOwner(s)Genichiro TenryuPredecessorWrestle Association RWebsitehttps://tenryuproject2010.com Tenryu Project (Japanese: 天龍プロジェクト, Hepburn: Tenryū Purojekuto)[1] is an independent Japanese professional wrestling promotion. The promotion was founded by and is owned by puroresu legend Genichiro Tenryu, who has ...

 

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Ulumambi Barat, Bambang, Mamasa – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Ulumambi BaratDesaNegara IndonesiaProvinsiSulawesi BaratKabupatenMamasaKecamatanBambangKode pos91371Kode Kemendagr...

Частина серії проФілософіяLeft to right: Plato, Kant, Nietzsche, Buddha, Confucius, AverroesПлатонКантНіцшеБуддаКонфуційАверроес Філософи Епістемологи Естетики Етики Логіки Метафізики Соціально-політичні філософи Традиції Аналітична Арістотелівська Африканська Близькосхідна іранська Буддій�...

 

دورة الألعاب العربية 2023 الجزائر  دورة الألعاب العربية 2023دورة الألعاب العربية 2023 الدول المشاركة 22 انطلاق الألعاب 5 يوليو 2023 الملعب ملعب 5 جويلية 1962 الاختتام 15 يوليو 2023 الموقع الرسمي الألعاب العربية 2023 دورة الألعاب العربية 2011    تعديل مصدري - تعديل   دورة الألعاب ال�...

 

County in Kansas, United States County in KansasMcPherson CountyCountyMcPherson County Courthouse in McPherson (2023)Location within the U.S. state of KansasKansas's location within the U.S.Coordinates: 38°24′N 97°42′W / 38.4°N 97.7°W / 38.4; -97.7Country United StatesState KansasFoundedFebruary 26, 1867Named forJames B. McPhersonSeatMcPhersonLargest cityMcPhersonArea • Total901 sq mi (2,330 km2) • Land898 s...

Senior church official Part of a series on theHierarchy of theCatholic ChurchSaint Peter Ecclesiastical titles (order of precedence) Pope Cardinal Cardinal Vicar Crown Prince Protector Moderator of the curia Chaplain of His Holiness Papal legate Papal majordomo Apostolic nuncio Apostolic delegate Apostolic Syndic Apostolic visitor Vicar apostolic Apostolic exarch Apostolic prefect Assistant to the papal throne Eparch Metropolitan Patriarch Catholicos Bishop Archbishop Bishop emeritus Diocesan...

 

Azərbaycan Sovet Sosialist Respublikasının Himni Español: Himno de la República Socialista Soviética de Azerbaiyán Partitura del Himno de la RSS de AzerbaiyánInformación generalHimno de RSS de AzerbaiyánLetra Suleyman RustamSamad VurgunHuseyn ArifMúsica Uzeyir HajibeyovAdoptado 1944Hasta 1992Multimedia Versión coralnoicon¿Problemas al reproducir este archivo?[editar datos en Wikidata] El Himno de la República Socialista Soviética de Azerbaiyán (azerí: Azərbaycan So...

 

The following is a timeline of the COVID-19 pandemic in Canada: Data Timeline of cases and deaths in Canada Timeline of cases and deaths in Canada COVID-19 cases in Canada  (vte)     Deaths        Recoveries        Active cases202020202021202120222022JanJanFebFebMarMarAprAprMayMayJunJunJulJulAugAugSepSepOctOctNovNovDecDecJanJanFebFebMarMarAprAprMayMayJunJunJulJulAugAugSepSepOctO...

Pelabuhan Klaipėda mengendalikan sekitar 20 juta ton kargo setahun Klaipėda ([ˈklaı.pɛ.dʌ], transkripsi fonetik Lituania yang disederhanakan [klaǐpēda]; bahasa Jerman Memel atau Memelburg) merupakan jalur laut satu-satunya Lithuania di Laut Baltik. Mempunyai 194.400 penduduk (2002), menurun dari 202.900 pada tahun 1989. Kini Klaipėda merupakan pelabuhan feri utama dengan hubungan ke Swedia, Denmark, dan Jerman. Ia terletak berdekatan dengan Laguna Curonian. Bangunan Klaipėda mempuny...

 

This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (February 2009) (Learn how and when to remove this message) American TV series or program Inside 9/11DVD cover artGenreDocumentaryHistoryCountry of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of episodes3ProductionRunning time255 minutesOriginal releaseNetworkNational Geographic ChannelReleaseAugust 21 (2...

 

Questa voce sull'argomento piloti di Formula 1 è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Roger LaurentNazionalità Belgio Automobilismo CategoriaFormula 1 Termine carriera3 agosto 1952 CarrieraCarriera in Formula 1Esordio22 giugno 1952 Stagioni1952 Scuderie HWM 1952 Ecurie Francorchamps 1952 GP disputati2   Modifica dati su Wikidata · Manuale Roger Laurent (Liegi, 21 febbraio 1913 – Uccle, 6 febbraio 1997) è stato un pilota di...

President of Guatemala from 1898 to 1920 In this Spanish name, the first or paternal surname is Estrada and the second or maternal family name is Cabrera. Manuel José Estrada CabreraEstrada Cabrera in 191613th President of GuatemalaIn office8 February 1898 – 15 April 1920Preceded byJosé María ReinaSucceeded byCarlos Herrera10th Vice President of GuatemalaIn office28 April 1897 – 8 February 1898PresidentJosé María ReinaPreceded byManuel Morales TovarS...

 

Piala AFC 2020AFC Cup 2020Informasi turnamenJadwalpenyelenggaraan21 Januari s.d. 28 April 2020 (kualifikasi)10 Februari s.d. 7 November 2020 (utama)Jumlahtim peserta48 (total)36 (utama) (dari 28 asosiasi)Statistik turnamenJumlahpertandingan32Jumlah gol91 (2,84 per pertandingan)Jumlahpenonton52.237 (1.632 per pertandingan)Pencetak golterbanyak Bienvenido Marañón(5 goals)← 2019 2021 → Seluruh statistik akurat per 11 Maret 2020. Piala AFC 2020 akan menjadi edisi ke 1...

 

Public university in Vancouver, Washington, US Washington State University VancouverWSU Vancouver in April 2016.TypePublicEstablished1989ChancellorMel NetzhammerPresidentKirk SchulzAcademic staff180Students3,504LocationVancouver, Washington, U.S.CampusSuburb351 acres (1.42 km2)ColorsCrimson and Gray    NicknameWSUV, VanCougs, Cougs, CougarsMascotButch T. CougarWebsitevancouver.wsu.edu Washington State University Vancouver (also WSU Vancouver) is a regional campus of Washington ...

Liturgical language of the Eastern Orthodox Church in Slavic countries For the first Slavic literary language, see Old Church Slavonic. Church SlavonicChurch SlavicЦрькъвьнословѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ Церковнославѧ́нскїй Ѧ҆зы́къⱌⱃⰽⰲⰰⱀⱁⱄⰾⱁⰲⱑⱀⱄⰽⱜ ⰵⰸⰻⰽⱜⱌⰹⱃⱏⰽⱏⰲⱏⱀⱁⱄⰾⱁⰲⱑⱀⱐⱄⰽⱏⰹ ⱗⰸⱏⰻⰽⱏPage from the Spiridon Psalter in Church SlavonicRegionEastern and Southeast E...

 

Historic district in Vermont, United States United States historic placeCurrier Park Historic DistrictU.S. National Register of Historic PlacesU.S. Historic district Show map of VermontShow map of the United StatesLocationProperties bordering Currier Park on Park, North, East and Academy Sts. and adjacent properties on Averill and Cliff Sts, Barre, VermontCoordinates44°11′50″N 72°29′52″W / 44.19722°N 72.49778°W / 44.19722; -72.49778Area10 acres (4.0 ha...