As células eucariotas animais teñen un orgánulo chamado centríolo que pola súa contra non teñen as células eucariotas vexetais.
As células eucariotas vexetais teñen tamén un orgánulo exclusivo chamado cloroplasto (ou outros tipos de plastidios).
As células eucariotas vexetais teñen vacúolos moito máis grandes que as células eucariotas animais.
As células eucariotas vexetais teñen unha capa exterior protectora feita principalmente de celulosa chamada parede celular que as células eucariotas animais non teñen. A rixidez desta parede impide que teñan expansións da membrana permanentes (por exemplo microvilosidades) ou transitorias (pseudópodos) e imposibilita a fagocitose, que si se observan na célula animal.
As células vexetais están comunicadas coas veciñas por medio de plasmodesmos, que son poros na parede celular. As unións celulares que se observan na célula animal non están presentes na vexetal.
As células eucariotas animais acostuman a ter un órganulo chamado lisosoma que non é moi habitual ver nas células eucariotas vexetais, nas que ten características diferentes.
Os cilios e flaxelos son frecuentes en células animais, pero case nunca existen na vexetal (só nalgúns gametos de musgos e fentos).
As células vexetais teñen un tipo especial de peroxisoma chamado glioxisoma, que non está presente na célula animal.
As células eucariotas animais só fan a respiración celularmitocondrial, en troques as células eucariotas vexetais fan a respiración celular mitocondrial e mais a fotosíntese nos cloroplastos.
A citocinese (separación das células fillas na división celular) ten lugar na célula vexetal por medio da formación dun fragmoplasto e non por estrangulamento como na célula animal.
Partes características da vélula vexetal
O cloroplasto é un orgánulo vexetal onde se realiza a fotosíntese. Algunhas células de plantas poden ter outro tipo de plastidios.