As linguas pérmicas son unha póla da familia das linguas urálicas. Fálanse en moitas rexións da Federación Rusa, ao oeste dos Urais. O número total de falantes rolda os 950.000, dos cales uns 550.000 pertencen á lingua máis falada, o udmurt. Como outras linguas urálicas, as pérmicas son fundamentalmente aglutinantes e posúen un rico sistema de casos gramaticais. Porén, a diferenza de moitas linguas aglutinantes, carecen de harmonía vocálica.
As fontes máis antigas conservadas en linguas pérmicas datan do século XIV, e foron escritas no chamado pérmico antigo.
Clasificación
As linguas pérmicas clasificáronse tradicionalmente entre as linguas finopérmicas, xunto co finés, o saami, o mordovino e mais o mari. Xunto coas linguas úgricas, conformaban a familia ugrofinesa. Porén, esta taxonomía foi posta en dúbida recentemente, polo que a relación das linguas pérmicas coas urálicas non está determinada con exactitude.
As linguas pérmicas aínda vivas son:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía