A lingua saami de Ter (Saa´mekiill) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. É a lingua saami máis oriental de todas, pero hoxe en día está considerada unha lingua moribunda. No ano 2004 contaba con 10 falantes, e no 2010 o número descendeu a só dous.[3]
Documentación
Non hai materiais nin recursos educativos en saami de Ter e non ten unha ortografía estandarizada. A lingua non está completamente documentada nin estudada. Hai documentos textuais, gravacións de son e dicionarios,[4][5] pero non hai gramáticas.
O documento máis antigo que se conserva da lingua saami de Ter é un pequeno vocabulario elaborado polo explorador británico Stephen Borough en 1557 e publicado por Richard Hakluyt.[6]
Notas