A lingua barawana ou baré é unha lingua da familia arauaca falada en Venezuela e o Brasil polo pobo baré.[3][4] Aikhenvald (1999) informou que "só quedaban uns poucos falantes maiores" do baré propiamente dito, e que a variedade guinau estaba extinguida. Kaufman (1994) considera que o baré propiamente dito, o guinau e o marawá (extinguidos) son linguas distintas; Aikhenvald, considéraos dialectos dunha soa lingua. (O marawá non é a mesma lingua ca o marawan.)
Nome
A palabra baré é un termo xenérico que fai referencia a un bo número de linguas arauacas faladas na área, incluíndo o mandawaca, o warekena, o baniwa ou o piapoco. O termo barawana é o empregado por Kaufman, Aikhenvald e Ethnologue. Tamén se coñece como ibini e mitua.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press.