A lingua tariana é unha lingua indíxena da familia arauaca en perigo de desaparición, falada no Brasil por unhas 100 persoas (citados en 1996),[1] e outrora tamén en Colombia. Arredor doutras 1.500 persoas na zona alta e media do río Vaupés se identifican como membros do pobo tariana mais non falan a lingua con fluidez.[3]
Alexandra Aikhenvald, especialista en linguas arauacas da Universidade La Trobe, fixo unha investigación sobre a lingua tariana que inclúe a publicación dunha gramática e un dicionario tariana-portugués.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas