Lingua baure

Baure
Falado en: Bolivia
Rexións: Departamento del Beni
Total de falantes: 20 (2010)[1]
Familia: Americana
 Arauaco
  Meridional
   Bolivia-Paraná
    Baure
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Bolivia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: brg
Mapa

Mapa das linguas arauacas.
Status

O baure está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua baure é unha lingua da familia arauaca falada por arredor de 20 persoas (datos de 2010)[3] do pobo baure, o cal vive no departamento del Beni de Bolivia. Algunhas partes da Biblia foron traducidas á lingua baure. A maioría dos falantes do pobo baure cambiaron de lingua ao castelán.

Dende a aprobación do Decreto Supremo N.25894 de 2000, é considerada unha das linguas indíxenas oficiais de Bolivia,[4] e foi incluída na Constitución de Bolivia aprobada o 7 de febreiro de 2009.[5]

Notas

  1. "A lingua baure en Ethnologue". Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Baure". Endangered Languages Project. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  4. "Bolivia: Decreto Supremo Nº 25894, 11 de septiembre de 2000". www.lexivox.org. Arquivado dende o orixinal o 2017-09-26. Consultado o 2024-02-29. 
  5. "Constitución Política del Estado (CPE) - Infoleyes Bolivia". bolivia.infoleyes.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2022-03-20. Consultado o 2024-02-29. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press. 
  • Daigneault, Anna Luisa (2009). An Ethnolinguistic Study of the Yanesha' (Amuesha) Language and Speech Community in Peru's Andean Amazon, and the Traditional Role of Ponapnora, a Female Rite of Passage (Tese). Université de Montréal. hdl:1866/4055. 
  • Da Silva Facundes, Sidney. The Language of the Apurinã People of Brazil (Maipure/Arawak). Ph.D. dissertation, SUNY Buffalo.
  • Fast, Peter W. (1953). "Amuesha (Arawak) Phonemes". International Journal of American Linguistics 19 (3): 191–194. doi:10.1086/464218.