O amhárico[2][3][4] (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.[5]
Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.
É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.
Escríbese usando un alfasilabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.
Fonemas e grafías
Consoantes
|
Bilabiais
|
Dentais
|
Palatais
|
Velares
|
Glotais
|
Oclusivos
|
xordos
|
p
|
t
|
c
|
k
|
ʔ
|
sonoros
|
b
|
d
|
ɟ
|
g
|
|
exectivos
|
pʼ
|
tʼ
|
cʼ
|
kʼ
|
ʔʼ
|
Africados
|
|
ʦʼ
|
|
|
|
fricativos
|
xordos
|
f
|
s
|
ʃ
|
|
h
|
sonoros
|
|
z
|
ʒ
|
|
|
nasais
|
m
|
n
|
ɲ
|
|
|
Líquidos
|
w
|
l
|
j
|
|
|
Vibrantes
|
|
r
|
|
|
|
Vogais
|
Anteriores
|
Centrais
|
Posteriores
|
Pechadas
|
i
|
ə
|
u
|
Medias
|
e
|
ä
|
o
|
Abertas
|
|
a
|
|
Símbolos do abugida (silabario) amhárico ("Fidels" ፊደል)
O abugida ou silabario etíope ten un total de 231 signos que representan sílabas, resulta de combinar os 7 fonemas vogálicos cos 33 fonemas consonánticos da lingua amárica.
'Grafías' (Non están na orde tradicional)
|
ä |
u |
i |
a |
e |
ə |
o |
p | ፐ | ፑ | ፒ | ፓ | ፔ | ፕ | ፖ |
t | ተ | ቱ | ቲ | ታ | ቴ | ት | ቶ |
c | ቸ | ቹ | ቺ | ቻ | ቼ | ች | ቾ |
k | ከ | ኩ | ኪ | ካ | ኬ | ክ |
ኮ |
ኸ | ኹ | ኺ | ኻ | ኼ | ኽ | ኾ |
b | በ | ቡ | ቢ | ባ | ቤ | ብ | ቦ |
d | ደ | ዱ | ዲ | ዳ | ዴ | ድ | ዶ |
J | ጀ | ጁ | ጂ | ጃ | ጄ | ጅ | ጆ |
g | ገ | ጉ | ጊ | ጋ | ጌ | ግ | ጎ |
p’ | ጰ | ጱ | ጲ | ጳ | ጴ | ጵ |
ጶ |
t’ | ጠ | ጡ | ጢ | ጣ | ጤ | ጥ |
ጦ |
c’ | ጨ | ጩ | ጪ | ጫ | ጬ | ጭ |
ጮ |
k’ | ቀ | ቁ | ቂ | ቃ | ቄ | ቅ |
ቆ |
7 | አ | ኡ | ኢ | ኣ | ኤ | እ | ኦ |
|
ä |
u |
i |
a |
e |
ə |
o |
ts’ | ጸ | ጹ | ጺ | ጻ | ጼ | ጽ | ጾ |
f | ፈ | ፉ | ፊ | ፋ | ፌ | ፍ | ፎ |
s | ሰ | ሱ | ሲ | ሳ | ሴ | ስ | ሶ |
S | ሸ | ሹ | ሺ | ሻ | ሼ | ሽ | ሾ |
h | ሀ | ሁ | ሂ | ሃ | ሄ | ህ |
ሆ |
ሐ | ሑ | ሒ | ሓ | ሔ | ሕ | ሖ |
z | ዘ | ዙ | ዚ | ዛ | ዜ | ዝ | ዞ |
Z | ዠ | ዡ | ዢ | ዣ | ዤ | ዥ | ዦ |
m | መ | ሙ | ሚ | ማ | ሜ | ም | ሞ |
n | ነ | ኑ | ኒ | ና | ኔ | ን | ኖ |
ñ | ኘ | ኙ | ኚ | ኛ | ኜ | ኝ |
ኞ |
w | ወ | ዉ | ዊ | ዋ | ዌ | ው | ዎ |
l | ለ | ሉ | ሊ | ላ | ሌ | ል | ሎ |
j | የ | ዩ | ዪ | ያ | ዬ | ይ | ዮ |
r | ረ | ሩ | ሪ | ራ | ሬ | ር | ሮ |
|
ä |
u |
i |
a |
e |
ə |
o |
Nomes
Xénero
Os nomes amháricos poden ter xénero masculino ou feminino. Existen diferentes medios de expresa-lo xénero. Un exemplo é o antigo sufixo -t para forma-lo feminino, limitado a certos modelos e a certos nomes illados. Os nome e adxectivos que rematan en -awi forman normalmente o feminino co sufixo -t: por exemplo, ityop':eya-(a)wi, "etíope" (m.), fronte a ityop':eya-wit-t, "etíope" (f.); sämay-awi, celestial" (m.), fronte a säway-awi-t, "celestial" (f.). Este sufixo utilízase tamén en nomes e adexectivos baseados no modelo k'et(t)ul, por exemplo, nəgus, 'rei', fronte a nəgəs-t, "raíña", e, k'əddus, "santo", fronte a k'əddus-t, "santa".
Algúns nomes e adxectivos forman o feminino con -it': lək, "rapaz" fronte a lək'-it, "rapaza"; bäg, "carneiro", fronte a bäg-it, "ovella"; s'əmagəlle, "ancián", fronte a s'əmagəll-it, "anciá"; t'ot'a, "mono", fronte a bäg-it, "mona". Outros nomes teñen esta terminación de feminino inda que non existe un oposto masculino: no caso de s'ärar-it, "araña", ou azur-it, "remuiño". Existen tamén, porén, nomes que teñen o sufixo -it e compórtanse gramaticalmente como masculinos: säraw-it, "exército"; nägar-it, "bombo".
O xénero feminino non se usa só para indicar o sexo biolóxico, senón tamén para expresar tamaño pequeno. Así ocorre en bet-it-u, "a casiña" (literalmente, cas-FEM-ARTIGO). O morfema de feminino pode servir tamén para expresar tenrura ou simpatía.
Números
ande = 1;
hulet = 2;
sost = 3;
arat = 4;
ammist = 5;
siddist = 6;
sebat = 7;
semment = 8;
zetegn = 9;
asir = 10;
asra ande = 11;
asra hulet = 12;
asra sost = 13;
asra arat = 14;
asra ammist = 15;
asra siddist = 16;
asra sebat = 17;
asra semment = 18;
asra zetegn = 19;
haya = 20;
haya ande = 21;
selasa = 30;
arba = 40;
hamsa = 50;
selesa = 60;
seba = 70;
semanya = 80;
zetena = 90;
meto = 100;
shee = 1000;
meelyon = 1000000.
Vocabulario básico
- Bos días: ëndemën aderu
- Boas tardes: dehna yideru
- Ola: selam/tadiyaas
- Adeus: t‘eanast‘ëllën
- Por favor: ëbakon
- Grazas: amesegënallô
- Moitas grazas: bet‘am amesegënallô
- De nada: ënkwan dehna met‘u
- Perdón: yik‘ërta
- Síntoo: aznallô
- Si: awo
- Non: ie
- Benvido : selam
- Entende?: gebbawot?
- Entendo: gebëtonyal
- Non entendo: algebanyëm
- Cmo estás?: dehna not?
- ¡Ben!: dehna!
- Como te chamas? : sëmëwot man nô?
- Chámome... : sëmea... nô.
- De onde es? : ke yeat ager not?
- Cantos anos tes?: ëdmeawot sëntë?
- Teño ... anos: ...ametea nô.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas