A Copa de Europa de Balonmán, tamén denominada Liga de Campións (Champions League en inglés) é o nome que recibe a máxima competición de clubs de balonmán a nivel europeo. Está organizada pola EHF (European Handball Federation), e reúne aos mellores equipos das principais ligas do balonmán europeo.
A competición celébrase anualmente dende a tempada 1956-57, aínda que ao longo dos anos foi modificado o sistema de competición. Nos primeiros anos participaban unicamente os campións de cada unha das ligas nacionais adscritas á EHF. Actualmente reúne aos mellores clasificados das principais ligas, non só aos campións. O club con máis títulos da Copa de Europa de Balonmán é o FC Barcelona da Liga ASOBAL, con nove títulos, e o actual campión é precisamente o FC Barcelona.
Sistema de competición
Actualmente a Copa de Europa consta dunha fase preliminar na que oito equipos de ligas de países de menor coeficiente se agrupan en dous grupos de catro equipos cada un. O gañador de cada grupo pasa á seguinte rolda.
Na segunda rolda hai catro grupos de seis equipos cada un. Nesta rolda participan os mellores equipos europeos, achegando a Bundesliga e a Liga ASOBAL tres clubs cada unha.
Os catro primeiros clasificados pasan a oitavos de final, enfrontándose en sorteo cruzado (primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros) e a dobre partido (un encontro no campo de cada equipo).
Os oito clasificados pasan a cuartos de final en sorteo puro e tamén a dobre partido.
Finalmente, os catro vencedores disputan o título baixo o formato de Final a Catro ou Final Four.
Fases finais
Palmarés
Palmarés por equipos
Equipo
|
Campión
|
Subcampión
|
Anos campión
|
Anos subcampión
|
FC Barcelona
|
9
|
4
|
1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2005, 2011, 2015
|
1990, 2001, 2010, 2013
|
VfL Gummersbach
|
5
|
1
|
1967, 1970, 1971, 1974, 1983
|
1972
|
THW Kiel
|
3
|
4
|
2007, 2010, 2012
|
2000, 2008, 2009, 2014
|
BM Ciudad Real
|
3
|
2
|
2006, 2008, 2009
|
2005, 2011
|
SKA Minsk
|
3
|
|
1987, 1989, 1990
|
|
SC Magdeburg
|
3
|
|
1978, 1981, 2002
|
|
RK Zagreb
|
2
|
4
|
1992, 1993
|
1995, 1997, 1998, 1999
|
Dukla Praha
|
2
|
2
|
1963, 1984
|
1967, 1968
|
Steaua Bucurest
|
2
|
2
|
1968, 1977
|
1971, 1989
|
Frisch Auf! Göppingen
|
2
|
1
|
1960, 1962
|
1959
|
Metaloplastika Šabac
|
2
|
1
|
1985, 1986
|
1984
|
TV Grosswallstadt
|
2
|
|
1979, 1980
|
|
RK Bjelovar
|
1
|
2
|
1972
|
1962, 1973
|
CSKA Moscova
|
1
|
2
|
1988
|
1977, 1983
|
SC Flensburg-Handewitt
|
1
|
2
|
2014
|
2004, 2007
|
Portland San Antonio
|
1
|
2
|
2001
|
2003, 2006
|
Dinamo Bucarest
|
1
|
1
|
1965
|
1963
|
MAI Moscova
|
1
|
1
|
1973
|
1974
|
Borac Banja Luka
|
1
|
1
|
1976
|
1975
|
Budapest Honvéd
|
1
|
1
|
1982
|
1966
|
Teka Santander
|
1
|
1
|
1994
|
1992
|
Elgorriaga Bidasoa
|
1
|
1
|
1995
|
1996
|
Redbergslid Göteborg
|
1
|
|
1959
|
|
HB Montpellier
|
1
|
|
2003
|
|
Celje Pivovarna Lasko
|
1
|
|
2004
|
|
HSV Hamburg
|
1
|
|
2013
|
|
KS Kielce
|
1
|
|
2016
|
|
RK Vardar
|
1
|
|
2017
|
|
Palmarés por ligas
Véxase tamén
Ligazóns externas