O HK Drott é un equipo de balonmán da cidade de Halmstad, Suecia. O club foi fundado en 1936 como equipo de fútbol, mais en 1940 abandonouse a práctica deste deporte. O club adícase á práctica do balonmán dende 1937.
O equipo non chegou ata a máxima categoría do balonmán sueco ata o ano 1962, e en 1975 conseguiu o seu primeiro campionato de Liga, e dende aquela converteuse nun dos equipos máis laureados do balonmán sueco, gañando 10 títulos de liga, o último deles no 2002.
A nivel internacional disputou dúas finais, perdendo as dúas. En 1990 perdeu a final da Recopa de Europa fronte ao Teka Cantabria, e en 1994 perdeu a final da City Cup fronte ao TuSEM Essen.
Deste club saíron moitos grandes xogadores como Magnus Andersson, Ola Lindgren, Bengt Johansson ou Göran Bengtsson.
Palmarés
- 10 Ligas suecas: 1975, 1978, 1979, 1984, 1988, 1990, 1991, 1994, 1999 e 2002
Equipo da tempada 2010-2011
Véxase tamén
Ligazóns externas