Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.
O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.
Todos os libros fan referencia a unha etapa concreta da historia de Israel, segundo o cadro seguinte. A única excepción a constitúen os dous Libros de Crónicas, que son un intento de historia universal, dende a creación ata o momento presente.
Século
Historia de Israel
Libros históricos
- XIII
Asestamento na rexión de Canaán das tribos semíticas que formarán Israel
Libro de Xosué
- XII
As tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de Israel
Libro dos Xuíces I Libro de Samuel Libro de Rut (episódico)
- XI
(-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel (-1010 a 970) David, rei de Israel
II Libro de Samuel
- X a - VII
(-970 a -931) Salomón, rei de Israel División de Israel entre Reino do Norte e do Sur
I e II Libro dos Reis Libro de Xudit
- VI
(-587 a -539) Desterro de Babilonia
Libro de Tobías Libro de Ester
- V
Volta do desterro e reconstrución do Templo
Libro de Esdras Libro de Nehemías
- IV
División do Imperio Macedonio, dominio da dinastía dos Tolomeos