Leif Segerstam (2011) |
Nome orixinal | (fi) Leif Selim Segerstam |
---|
|
Nacemento | 2 de marzo de 1944 Vaasa, Finlandia |
---|
Morte | 9 de outubro de 2024 (80 anos) Helsinqui, Finlandia |
---|
Causa da morte | pneumonía |
---|
|
Catedrático dirección de orquestra |
---|
1997 – 2013 |
|
|
Grupo étnico | Sueco-finlandeses (pt) |
---|
Educación | Academia Sibelius (pt) Escola Juilliard Svenska normallyceum (en) |
---|
|
Campo de traballo | Artes escénicas, música e dirección de orquestra |
---|
Ocupación | director de orquestra, músico, violinista, pianista, compositor, Violista |
---|
Xénero artístico | Sinfonía |
---|
Profesores | Joonas Kokkonen (pt) |
---|
Instrumento | Piano, Viola e violín |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Minnaleena Segerstam |
---|
Pai | Selim Segerstam |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
---|
|
Leif Selim Segerstam, nado o 2 de marzo de 1944 en Vaasa e finado o 9 de outubro de 2024 en Helsinqui, foi un compositor e director de orquestra finlandés.
Traxectoria
Segerstam estudou violín, piano e dirección orquestral na Sibelius-Akatemia de Helsinqui e dirección na Juilliard School de Nova York con Jean Morel entre 1963 e 1965.
Deuse a coñecer como director operístico a finais dos anos '60 (Helsinqui, Estocolmo e Berlín Oeste). Ten dirixido na Metropolitan Opera, no Covent Garden, no Teatro alla Scala, no Treatro Colón, na Wiener Staatsoper e no Festival de Salzburgo. Acompañou a personaxes como Montserrat Caballé, Birgit Nilsson, Henryk Szeryng, David Oïstrakh, Emil Gilels e Arthur Rubinstein. A partir de 1975 comezou a destacar como director sinfónico, sendo director principal da Radio-Symphonieorchester Wien dende ese ano ata 1982, a Radion sinfoniaorkesteri entre 1977 e 1987, ou da Helsingin kaupunginorkesteri entre 1995 e 2007, orquestra da que lle foi concedido o título de Direcotr Emérito. Ten sido o director musical de diversas orquestras, entre as cales figuran a Deutsche Staatsphilharmonie Rheinland-Pfalz (1983-1990) ou a DR SymfoniOrkestret (1988-1995), sendo nomeado director honorífico das dúas formacións. Foi tamén director principal e musical da Kungliga Operan (Estocolmo) entre 1995 e 2000. Ten sido invitado a dirixir numerosas orquestras en todo o mundo, entre as que destacan Chicago Symphony Orchestra, Los Angeles Philharmonic, London Symphony Orchestra, Toronto Symphony ou a Orquestra Sinfônica do Estado de São Paulo.
Foi frecuentemente invitado a dirixir os festivais de Helsinqui e Savonlinna. A súa gravación de Luonnotar e outras cancións orquestrais de Sibelius xunto a Soile Isokoski, foi nomeada disco do ano en 2007 polo "BBC music magazine".
En xaneiro de 2012 foi nomeado director titular da Turun Filharmoninen Orkesteri (TFO),[1] posto que desempeñou ata o 17 de maio de 2019. Posteriormente foi nomeado director honorario da TFO.[2]
Segerstam compaxinou o seu traballo como director co de profesor de dirección na Sibelius-Akatemia de Helsinqui. Entre os seus alumnos salientan Susanna Mälkki, Mikk Murdvee, Sasha Mäkilä e Markku Laakso.
Vida persoal
O pai de Leif Segerstam era o defunto Selim Segerstam, que elaborou numerosos cancioneiros.
Estivo casado coa violinista Hannele Segerstam (concertino da Radion sinfoniaorkesteri), coa que tivo dous fillos, Jan e Pia; Pia é concertista de violonchelo.
Logo do divorcio de Leif Segerstam e Hannele Segerstam, casou coa arpista da Helsingin kaupunginorkesteri Minnaleena Segerstam, coa que tivo tres fillos.
Obra
Segerstam é un compositor extremádamente prolífico, sendo especialmente coñecido polas súas numerosas sinfonías (261 en 2012[3]), das cales en torno a un centenar teñen sido interpretadas.
É igualmente coñecido polas súas series de "Orchestral Diary Sheets", moitas delas concibidas para ser interpretadas sen director. Segerstam desenvolveu un enfoque persoal da composición aleatoria a través dun estilo que denominou "pulsación libre", na que os motivos musicais interactúan con flexibilidade no tempo.
- 261 sinfonías (en 2012)
- 30 cuartetos de corda
- 13 concertos para violín
- 8 concertos para violonchelo
- 4 concertos para viola
- 4 concertos para piano
Premios
Gravacións
Leif Segerstam é tamén ámplamente coñecido polas súas gravacións discográficas, que inclúen as integrais das sinfonías de Jean Sibelius, Carl Nielsen e Gustav Mahler, así como moitas outras obras de compositores contemporáneos coma o compositor finlandés Einojuhani Rautavaara e os compositores americanos John Corigliano e Christopher Rouse.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Cateogoía:Finados en 2024