Ledesma é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca, bañado polo Río Tormes.[1]
Xeografía
Está situado a case 35 km ao noroeste da capital salmantina. Limita ao norte cos concellos zamoranos de Carbellino, Almeida de Sayago, Alfaraz de Sayago e Moraleja de Sayago, ó sur con Doñinos de Ledesma e Villarmayor, ó leste con Añover de Tormes e Juzbado e ó oeste con Villaseco de los Reyes e Gejuelo del Barro.
Demografía
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 688 habitantes, 837 homes e 851 mulleres (1 968 no 2010 e 1 954 no 2000).[2]
Gráfica de evolución demográfica de Ledesma entre 1996 e 2017 |
|
Fonte: INE.
|
Serie de poboación
(Fonte/s: INE)Ano | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
---|
Poboación | 1989 | 1942 | 1954 | 1913 | 1927 | 1882 | 1869 | 1881 | 1869 | 1876 | 1889 | 1922 | 1968 | 1958 | 1909 | 1804 | 1795 | 1778 | 1767 | 1688 |
---|
Historia
Cultura
Patrimonio
- Ponte medieval sobre o río Tormes, representado no escudo do concello.
- Muralla, construída posiblemente na segunda metade do s. XII. Conserva unha das oito portas que tivo.
- Fortaleza de Ledesma, construída na segunda metade do século XV.
- Igrexa de Santa María a Maior, gótica dos séculos XV e XVI.
- Ponte Mocho, de cinco ollos, con restos da antiga calzada romana.[1]
Etnografía
Entre as festas e celebracións destacan as do Corpus Christi, con procesión polas rúas medievais e encerros a cabalo, denominados aquí Espantos.
Na gastronomía son típicas as rosquillas de Ledesma, feitas con ovo e fariña.[1]
Economía
Hai Gando vacún e algunha gandería de reses bravas.
Política e goberno
O alcalde é o popular José Prieto González.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas