Ledesma , a capital comarcal.
A devesa é a paisaxe característica da Tierra de Ledesma e o Campo Charro .
Tierra de Ledesma , tamén coñecida como Campo de Ledesma ou Comarca de Ledesma , é unha comarca da provincia de Salamanca , en Castela e León . Os seus límites non se corresponden cunha división administrativa, senón cunha demarcación histórico-tradicional e agraria.[ 1]
Xeografía
Limita coa provincia de Zamora (Sayago e Tierra del Vino ) ao norte, con La Armuña ao leste, co Campo de Salamanca ao sur e con La Ramajería e a Tierra de Vitigudino ao oeste.
Concellos
Comprende 30 municipios: Aldearrodrigo , Almenara de Tormes , Añover de Tormes , Doñinos de Ledesma , Encina de San Silvestre , El Arco , Gejuelo del Barro , Golpejas , Juzbado , La Mata de Ledesma , Ledesma , Monleras , Palacios del Arzobispo , Rollán , San Pedro del Valle , San Pelayo de Guareña , Sando , Santa María de Sando , Santiz , Sardón de los Frailes , Tabera de Abajo , Tremedal de Tormes , Valdelosa , Vega de Tirados , Villarmayor , Villasdardo , Villaseco de los Gamitos , Villaseco de los Reyes , Zamayón e Zarapicos . Considérase a Ledesma como o centro neurálxico ou capital do territorio.
Notas
Véxase tamén