Marxe esquerda: Garganta de Barbellido e Garganta de Gredos, no curso alto (garganta é a denominación local dos pequenos regatos da serra de Gredos, que corren sobre leitos de orixe glaciar).
Conca e réxime
A conca do Tormes abrangue unha área de 7.096 km². O réxime do río é de tipo Réxime pluvio-nival|pluvio-nival, como todos os afluentes maiores do Douro. O caudal medio do Tormes é de 28,36 m³/s, na estación de capacidade de Salamanca.
Comoquer que as características hídricas do Tormes non aseguraban o abastecemento de auga para as poboacións da conca na época estival, a fins da década de 1960, ergueuse o encoro de Santa Teresa, cerca de Guijuelo, cunha capacidade de 496 millóns de m³, que regulaban a provisión de auga no verán e controlaba a grandes cheas invernais. Preto da unión co Douro, levantouse o encoro de Almendra con 2.648 hm³ de capacidade.
No seu curso alto presenta unha flora de tipo atlántico (Quercus pyrenaica, Alnus glutinosa) e a persistencia de bosques galería, esta vexetación transfórmase en mediterránea unha vez abandona a serra, xunto coa súa degradación (garriga). Dentro da propia fauna fluvial, na que destacaron tradicionalmente as troitas, cómpre indicar a introdución do salmón do Danubio (Hucho hucho), augas abaixo do encoro de Santa Teresa, nos anos da décado de 1960. Porén a especie necesita actuacións de repoboamento cada certo tempo. Entre as aves adventicias que apareceron nas últimas décadas adoita salientarse a presenza de diversos tipos de gaivotas, que se alimentan de residuos orgánicos das poboacións das beiras.