Julius Deutsch, nado o 2 de febreiro de 1884 en Lackenbach (Austria-Hungría) e finado o 17 de xaneiro de 1968 en Viena (Austria), foi un político membro do Partido Socialdemócrata de Austria, parlamentario entre 1920 e 1933, e cofundador e dirixente da milicia socialdemócrata Republikanischer Schutzbund ("Asociación Republicana de Defensa").
A súa vida
Julius Deutsch fundou o Schutzbund en 1923, como resposta á organización paramilitar Heimwehr ("milicias populares"), que mantiña unha relación ideolóxica co Partido Social Cristián. Foi o seu dirixente ata a súa destrución en 1934.
Os membros do Schutzbund foron recrutados fundamentalmente fóra do Deutschösterreichische Volkswehr (milicias populares xermano-austríacas).[1]
Despois da derrota da Garda Republicana durante a guerra civil austríaca de 1934 e a posterior prohibición dos socialdemócratas, fuxiu á cidade de Brünn, en Checoslovaquia.
Desde 1936 ata 1939, Deutsch loitou como xeneral das tropas republicanas na Guerra Civil Española.
En 1939 marchou a París e traballou para na representación estranxeira dos socialistas austríacos (AVOES). Despois da ocupación de Francia pola Alemaña nazi, Deutsch, que era xudeu, tivo que emigrar outra vez, esta vez aos Estados Unidos de América, ata a súa volta a Austria en 1946.
Deutsch foi tamén o presidente da Confederación Deportiva Internacional do Traballo.[2]
En 1951 Deutsch casou coa escritora Adrienne Thomas, con quen conviviu ata a súa morte, en Viena, o 17 de xaneiro de 1968.
Referencias
- ↑ Yidishe Bilder número 13 (1937). Citado in Ghetto Fighters' House archives.
- ↑ Wheeler, Robert F.