Juan de Fuca
TraxectoriaO avó de Focas, Emmanouíl Phokás (Ἐμμανουὴλ Φωκᾶς), fuxiu de Constantinopla á súa caída en 1453, acompañado do seu irmán Andrónikos (Ἀνδρόνικος). Os dous establecéronse primeiro no Peloponeso, onde permaneceu Andrónikos, pero en 1470 Emmanuel trasladouse á illa de Cefalonia. Iákōvos (Ἰάκωβος), o pai de Ioánnis, estableceuse na vila de Valerianos nesta illa, e chegou a ser coñecido como "Focas o Valeriano" (Φωκᾶς ὁ Βαλεριάνος) para distinguilo dos seus irmáns.[2] Foi nesta aldea de Valerianos onde Focas naceu en 1536. Pouco se sabe sobre a súa vida antes de entrar no servizo de España, nun tempo ao redor de 1555.[3] As primeiras viaxes de de Fuca, ás ordes de Filipe II, foron ao Extremo Oriente, e el dixo que chegou á Nova España en 1587 cando, no cabo San Lucas, na Baixa California, o corsario inglés Thomas Cavendish apoderouse do galeón Santa Ana e o depositou en terra. Fuca foi un navegante moi experimentado, perfeccionando a súa habilidade como piloto na frota española. Tamén afirmou que o rei de España recoñeceuno pola súa excelencia e fíxoo piloto da mariña española nas Antillas (título que ostentou durante corenta anos), pero non hai rexistro nos arquivos españois do seu nome ou cargo ou das súas visitas á corte real.[4] Antes de facer a súa famosa viaxe pola costa noroeste do continente norteamericano, navegou polas costas da China, Filipinas e México. Fuca explorou as costas ao norte da Nova España e buscou o paso do Noroeste entre o océano Pacífico e o océano Atlántico. En 1592 na súa viaxe de exploración descubriu o estreito de Anián e o estreito de Juan de Fuca (que desde 1788 leva o seu nome). A placa de Juan de Fuca, que tamén leva seu nome, é unha placa tectónica que se afunde baixo a parte norte do oeste da placa de Norteamérica, ao longo das costas dos estados estadounidenses de Oregón e Washington. Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas
Information related to Juan de Fuca |