Juan Bautista Antequera y Bobadilla

Modelo:BiografíaJuan Bautista Antequera y Bobadilla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1823 Editar o valor en Wikidata
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor en Wikidata
Morte1890 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Alhama de Murcia, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Mariña de España
18 de xaneiro de 1884 – 13 de xullo de 1885
← Carlos Valcárcel y Ussel de Guimbarda (en) TraducirManuel de la Pezuela y Lobo-Cabrilla (en) Traducir →
Ministro de Mariña de España
1 de abril de 1876 – 23 de setembro de 1877
← Santiago Durán y LiraFrancisco de Paula Pavía y Pavía (pt) Traducir →
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, oficial da armada Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarVicealmirante Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX832055
Juan Bautista Antequera.

Juan Bautista Antequera y Bobadilla nado en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife o 1 de xuño de 1823 e finado en Alhama de Murcia, Murcia no 1890. Foi un militar e político español, Vicealmirante da Armada Española e Ministro de Mariña.

Carreira militar

Ingresou na Real Armada Española como gardamariña en 1838. Distinguiuse nos sitios das sublevadas Alacant e Cartagena, polo que lle foi concedida a Cruz de San Fernando. Ao mando do bergantiño Galiano na Habana loitou contra as expedicións piratas. Na guerra de África, en 1859, tomou parte nos combates de Río Martín, Larache e Arcila, séndolle concedido polo seu comportamento o emprego de Coronel de Infantaría de mariña. Durante a guerra hispano-suramericana de 1865, tomou o mando da fragata blindada Numancia ás ordes do Almirante Casto Méndez Núñez asistindo ao bombardeo de Valparaíso e ao combate do Callao. Efectuou co seu buque a viaxe de circunnavegación á terra.

Xa co emprego de Contralmirante, foi nomeado Comandante Xeral do Apostadeiro de Filipinas.

Carreira política

Foi elixido senador do Reino pola provincia das Canarias nas Cortes de 1871, 1872 e 1876, por Alacant en 1877 e nomeado senador vitalicio en 1884.[1]

Como Ministro de Mariña, foi o creador da Revista Xeral de Mariña, a Colección Lexislativa, códigos e regulamentos.

Foi inhumado no Panteón de Mariños Ilustres o 4 de setembro de 1922.

Notas

  1. "Antequera y Bobadilla, Juan Bautista". Senado.es (en castelán). 2 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
Predecesor:
José María Beránger Ruiz de Apodaca
Ministro de Mariña

1870 - 1871
Sucesor:
José María Beránger Ruiz de Apodaca
Predecesor:
Santiago Durán y Lira
Ministro de Mariña

1876 - 1877
Sucesor:
Francisco de Paula Pavía y Pavía
Predecesor:
Carlos Varcarcel y Ussel de Guimbarda
Ministro de Mariña

1884 - 1885
Sucesor:
Manuel de la Pezuela y Lobo