Alhama de Murcia é un concello da Rexión de Murcia, situado na comarca natural do Bajo Guadalentín, aos pés de Serra Espuña. Ten unha poboación de 19.417 habitantes (xaneiro de 2008) e unha densidade de poboación de 66,97 hab./km².
Localización e características
O termo municipal de Alhama de Murcia, ocupa unha superficie de 311,55 km², case no centro da Rexión de Murcia. A súa altura sobre o nivel do mar é de 176 metros. O termo municipal esténdese desde as cimas de Serra Espuña ata o cume da Serra de Carrascoy, atravesando a parte central da chaira prelitoral murciana coñecida como val do Guadalentín ou Campo de Sangonera.
Está situada a uns 30 quilómetros da capital da Rexión, Murcia e á mesma distancia da cidade de Lorca; a cincuenta de Cartagena e a trinta de Mula, e, en dirección sur, sepáraa a mesma distancia das praias de Mazarrón.