Jordan Lee Crawford, nado o 23 de outubro de 1988 en Detroit, Míchigan é un xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Indiana e na de Xavier.
Traxectoria deportiva
NBA
Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 27ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados máis tarde aos Atlanta Hawks. Alí xogou a súa primeira tempada, onde xogou 16 partidos nos que fixo 4.2 puntos por encontro.
O 23 de febreiro de 2011, Crawford foi traspasado aos Washington Wizards, xunto con Maurice Evans e Mike Bibby. O 8 de marzo de 2011, Crawford 22 puntos contra os Milwaukee Bucks, o máximo da súa traxectoria nese intre. O 15 de marzo, superou esa marca, anotando 27 puntos na derrota contra os Chicago Bulls. Superouno outra vez nese mesmo mes, o día 30, anotando 39 puntos na derrota contra Miami Heat. O 1 de abril do 2011, Crawford conseguiu a súa primeira tripla-dobre da súa traxectoria profesional, conseguindo 21 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes contra os Cleveland Cavaliers.
O 21 de febreiro de 2013, Crawford foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Leandro Barbosa e Jason Collins.[1]
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Crawford e a MarShon Brooks ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|