Toney Bernard Douglas, nado o 16 de marzo de 1986 en Tampa, Florida, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria
Douglas foi elixido na 29ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New York Knicks. Nesa mesma noite, os New York Knicks adquiriron os seus dereitos a cambio dunha elección na segunda rolda do Draft de 2011 e 3 millóns de dólares,[1][2] e asinou con eles o 9 de xullo de 2009. Durante a tempada 2009-10, Douglas foi o escolta suplente. Conseguiu a mellor anotación da súa carreira o 4 de novembro de 2010 ao anotar 30 puntos na vitoria sobre os Chicago Bulls.[3] O 17 de marzo de 2011, igualou o récord da franquía en lanzamentos de tres anotados nun partido, con 9 triplas.
O 9 de xullo de 2012, Douglas foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Josh Harrellson, Jerome Jordan e dúas eleccións da 2ª rolda do Draft de 2014 e 2015 a cambio de Marcus Camby, nun sign and trade.[4]
O 20 de febreiro de 2013, Douglas foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Patrick Patterson e Cole Aldrich a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.[5]
O 18 de xullo de 2013, Douglas asinou cos Golden State Warriors.[6]
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Warriors, os Boston Celtics e os Miami Heat. Os Warriors mandaron a Douglas ós Heat, e a cambio recibiron a Jordan Crawford e a MarShon Brooks dos Celtics. Os Celtics recibiron a Joel Anthony, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|