Nando de Colo , nado o 23 de xuño de 1987 en Sainte-Catherine-lès-Arras , é un xogador de baloncesto profesional francés que xoga no Fenerbahçe da Basketbol Süper Ligi . Os seus pais son portugueses .
Traxectoria
De Colo fixo o seu debut profesional na tempada 2006-07 na Ligue Nationale de Basketball co Cholet Basket . Foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs . Despois, en 2009, foise ao Power Electronics Valencia da Liga ACB .
En xullo de 2012 decidiu dar o salto á NBA, e asinou un contrato por dous anos cos San Antonio Spurs .[ 1] Durante as súas dúas tempadas en San Antonio, foi asignado en varias ocasións ós Austin Toros , afiliado dos Spurs na NBA Development League .
O 20 de febreiro de 2014 , foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Austin Daye .[ 2]
Selección de baloncesto de Francia
De Colo é membro da selección nacional de baloncesto de Francia, e xogou con eles no EuroBasket 2009 , EuroBasket 2011 , EuroBasket 2013 e o Campionato do Mundo da FIBA de 2010.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Primeira Rolda Segunda Rolda