John Paul Jones

Modelo:BiografíaJohn Paul Jones

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Baldwin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Richard Baldwin Editar o valor en Wikidata
3 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Sidcup, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJohn Paul Jones
John Train Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, guitarrista, compositor de cancións, baixista, intérprete de banxo, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e Soul Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, Frauta doce, Mandolina, guitarra e baixo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
Discipline Global Mobile (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjohnpauljones.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0428429 IBDB: 495931
MySpace: johnpauljonesmusic BNE: XX1249755 Musicbrainz: 4490113a-3880-4f5b-a39b-105bfceaed04 Songkick: 450824 Discogs: 60149 Allmusic: mn0000231997 WikiTree: Baldwin-5394 Editar o valor en Wikidata

John Paul Jones é un músico británico nado co nome de John Baldwin o 3 de xaneiro de 1946 en Sidcup, Inglaterra, coñecido principalmente por ser integrante do grupo Led Zeppelin.

En 1960 con 14 anos formou parte dun grupo de danza do seu pai, Joe Baldwin, e un ano máis tarde creou a súa propia banda.

Nos anos 60 comezou a ser director e arranxador doutros grupos, así como pianista e baixista, incluíndo entre estes aos Outlaws, Mickey Most, the Mindbenders, the Everly Brothers, The Supremes, Rolling Stones, Jeff Beck, Donovan, entre outros.

É considerado como un dos máis influentes baixistas de rock da historia, destaca tamén a súa gran habilidade como pianista e teclista.

Led Zeppelin

Jones deixou o seu traballo como arranxador de estudo para unirse á banda; axiña que como se decatou dos plans de Jimmy Page, no verán do 68, preguntoulle se se podía unir. Na súa época como integrante de Led Zeppelin (1968-1980) tocaba o baixo e o teclado, ademais de varios instrumentos para sesións de estudo, mandolina, frauta etc. Encargábase dos arranxos das cancións xunto con Jimmy Page. Jones foi crucial para o éxito da banda, responsable de varias cancións de Led Zeppelin , por exemplo Black Dog (Led Zeppelin IV) ou What Is And What Should Never Be (Led Zeppelin II). Tamén se pode notar a súa influencia musical en Non Quarter (Houses Of The Holy) ou Trampled Underfoot (Physical Grafiti) cancións nas que soamente usa teclados. Tamén se pode apreciar o seu traballo nas gravacións acústicas de Led Zeppelin, nas que frecuentemente tocaba a mandolina, a cal pódese escoitar en Going To California (Led Zeppelin IV) e That's The Way (Led Zeppelin III),entre outras cancións.

Está considerado como o membro de Led Zeppelin máis intelixente e versátil, grazas a súa sapiencia musical e a súa habilidade coa guitarra, a mandolina, o banxo, e ata a frauta doce, ademais do baixo e o teclado. Era o máis arraigado á familia e dotado dun sentido do humor tipicamente británico, á parte de ser o máis afastado das afeccións ocultistas de Page.

Logo de Led Zeppelin

Cando en 1980 finalizou Led Zeppelin coa morte do batería John Bonham, Jones comezou en solitario a súa carreira coas bandas sonoras "Scream for Help" e "The Secret Adventures of Tom Thumb" e gravou o seu primeiro traballo en solitario titulado "Zooma", ao que seguiu "The Thunderthief" en 2001. Tampouco se debe esquecer a súa colaboración con músicos de estilos tan aparentemente afastados de Led Zeppelin como Diamanda Galás, con quen compón e grava o álbum " The Sporting Life" no ano 1994.

De recoñecido prestixio, grupos como R.E.M. suplicáronlle con éxito que lles producise un dos seus últimos traballos. A pesar dese prestixio, Page e Plant perderon contacto con el nos 90, ignorándoo cando gravaron para a MTV un clásico concerto "umplugged" (acústico). Máis recentemente retomaron o contacto: o 10 de decembro de 2007, como parte dun tributo a Ahmet Ertegün, fundador de Atlantic Records, a mítica superbanda dos 70 reuniuse de novo para encher o aire dunha renovada e excelente música.

A mediados do 2009 sóubose da súa vinculacion a un novo proxecto musical denominado Them Crooked Vultures xunto con Josh Homme á guitarra de Queens of the stone age e Dave Grohl de Foo Fighters na batería.

Instrumentos

  • Baixo Fretless Fender Precision Bass
  • Baixo 1961 Fender Jazz Bass (Usado en concertos)
  • Baixo 1951 Fender Precision Bass
  • Baixo Fender Bass V
  • Baixo Ibanez RD300
  • Mandolina Gibson
  • Mandolina acústica Andy Manson de tres mastiles, 12 cordas e 6 cordas (Usada en concertos)
  • Alembic Triplo Omega
  • Alembic Series II
  • Baixo Custom made Pedulla Rapture
  • Acoustic 360 Bass Amp
  • Órgano Hammond
  • Clavinet Hohner
  • Hohner Electra-Piano
  • Fender Rhodes
  • Mellotron
  • Piano Steinway
  • Piano Yamaha CP-80
  • Symbolic Sound Kyma system
  • Sintetizador Korg Trinity
  • Sintetizador Yamaha GX-1
  • EMS VCS3

Discografía

Con Led Zeppelin

Como Solista

  • Scream For Help (1985)
  • The Sporting Life (Diamanda Galas 1994)
  • Zooma (1999)
  • The Thunderthief (2001)

Véxase tamén

Ligazóns externas