Led Zeppelin II, tamén coñecido co nome de The Brown Bomber, é o segundo disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin lanzado ó mercado o 22 de outubro de 1969. Neste segundo disco a grupo perfecciona máis as ideas xa amosadas no seu primeiro disco creando un disco con aínda máis acollida e é o que os consagra no mundo musical.
Circunstancias
Gravado durante as súas frenéticas xiras europea e americana, entre os meses de xaneiro e agosto, en diferentes estudios de Gran Bretaña e Estados Unidos. Considerase un exemplo de Hard Rock, onde fan unha evolución do blues creando riffs, como os de "Whole Lotta Love" ou "The Lemon Song", e coros vocais que converteranse en referentes deste xénero, inspirando posteriormente a outros grupos como Deep Purple. Algúns ven neste disco incluso a orixe do Heavy Metal. Estas composiciós están perfectamente mesturadas con outras cun estilo máis blues ou folk.
A portada do disco é unha foto da División Jasta da forza aérea alemá durante a primeira guerra mundial na que as caras dos seus integrantes foron cambiadas polas dos integrantes do grupo e detrás aparece a silueta branca dun zeppelin sobre un fondo marrón, de aí o nome de The Brown Bomber
O disco tivo mellor acollida no mercado discográfico que o seu primeiro disco, chegando ó número 1 das listas de Inglaterra e dos Estados Unidos, quitando o primeiro posto neste país o disco dos Beatles, Abbey Road.
Lista de cancións
- "Whole Lotta Love" (Bonham/Dixon/Jones/Page/Plant) 5:34
- "What Is and What Should Never Be" (Page/Plant) 4:44
- "The Lemon Song" (Bonham/Jones/Page/Plant) 6:19
- "Thank You" (Page/Plant) 4:47
- "Heartbreaker" (Bonham/Jones/Page/Plant) 4:14
- "Living Loving Maid (She's Just a Woman)" (Page/Plant) 2:39
- "Ramble On" (Page/Plant) 4:23
- "Moby Dick" (Bonham/Jones/Page) 4:21
- "Bring It On Home" (Dixon/Page/Plant) 4:20
Créditos