1962/63: Desaparece definitivamente a configuración de controis orixinal. Abandónanse os muteadores e engádese o prefixo "L" ao número de serie, localizado na placa metálica da parte posterior do corpo.
1964: O logo "Offset contour body" desprázase ao extremo do caravilleiro. Substitúese o material dos marcadores sobre diapasón e das bobinas.
1965: CBS adquire Fender, dando fin ao "perÃodo clásico" de Fender.
1972/73: Desprázase a pastilla da ponte a unha posición lixeiramente máis próxima a esta.
1975: Desprázase o bloque do polgar á parte superior do corpo. Nos instrumentos con diapasóns de pradairo úsanse marcadores en bloque de nácara e liñas laterais brancas. Úsanse tres parafusos para fixar o mastro ao corpo (antes usábanse catro) e introdúcense por primeira vez golpeadores de cor negra.
1977: Cambian os rotores de control, agora mostran as etiqueta "volume" dúas veces e "tone".
1981: Vólvese á fixación do mastro con catro parafusos.
1982: Fender introduce reedicións dos seus modelos clásicos, entre eles, o Jazz bass do '62. Abandónanse os marcadores rectangulares. Squier Japan comeza a súa produción.
1983: ElimÃnase a placa metálica de control, a liña de decoración, as placas cobrepastillas e os bloques pousapolgares para abaratar custos de produción.
1989: O novo Jazz bass de serie presenta importantes modificacións: 22 trastes, un corpo levemente agrandado e redeseñado, novas caravillas e un novo logo.
1990/91: Introdúcense opcionalmente pastillas "Lace sensor". A Custom Shop ofrece o modelo "Jaco Pastorius Signature".
2001: Introdúcense os modelos "FMT" e "QMT" na serie "Amercian Deluxe", que presentan tapas de pradairo flameado ou "quilt", e que se abandona no 2007.
2003: Introdúcese o swicht "S-1" no modelo "American Standard", que permite usar as pastillas en serie, obtendo un son similar ao do do Precision.
J-bass Plus (1990-94): corpo redeseñado e reducido; sen golpeador nin placa de controis; pastillas completamente negras; logo redeseñado; cinco rotores de control montados directamente sobre o corpo; electrónica activa.
J-bass Plus V (1990-94): versión en cinco cordas do modelo anterior.
Marcus Miller J-bass V (2003-): similar ao J-bass, terceira versión (1975-81), pero con golpeador e electrónica redeseñadas; "Five Strings" e sinatura de Marcus Miller no logo; axuste da alma no corpo; deseño de caravilleiro 4+1.
Reggie Hamilton J-bass (2002-): corpo redeseñado; 21 trastes; Swicht activo-pasivo; D-Tuner na cuarta corda; cinco controis; entrada do jack lateral; electrónica activa-pasiva; configuración de pastillas P-J. Fabricado pola Fender Custom Shop.
Reggie Hamilton J-bass V (2002-): versión en cinco cordas do modelo anterior. Diapasón de pau-ferro. A-Tuner na quinta corda. Producido pola Fender Custom Shop.
Victor Bailey J-bass (2001-): tapa e caravilleiro en madeira de koa. Sinatura de Victor Bailey sobre o caravilleiro; sen golpeador; corpo redeseñado; Hardware bañado en ouro.
Victor Bailey J-bass V (2001-): versión en cinco cordas do modelo anterior. Formato 4+1.
50th Anniversary J-bass (1996): edición conmemorativa, similar ao J-bass, segunda versión (1962-75); Placa conmemorativa.
50th Anniversary J-bass V (1996): versión en cinco cordas do modelo anterior.
60th Anniversary J-bass (2006): edición conmemorativa, similar ao American J-bass (2000-07); Placa conmemorativa; Emblema cun diamante; Control Switch S-1; Ponte especial que permite axustar o espazo entre cordas.
Modelos mexicanos
Modelos mexicanos regulares
Standard J-bass (1991-): Logo prateado sobre o caravilleiro; Coñecido no Reino Unido como Special Jazz.
Traditional J-bass (1996-97): Logo negro sobre o caravilleiro; Controis e jack situados directamente sobre o golpeador de plástico.
Squier Series J-bass (1994-96): Como o modelo Traditional J-bass (1996-97), pero co logo "Squier Series" engadido sobre o caravilleiro.
Duff McKagan J-bass Special (2007-): acabado en negro, cun deseño dunha caveira sobre o diapasón. Sen golpeador. Corpo estilo Precision Bass.
Reggie Hamilton Standard J-bass (2005-): configuración de pastillas P-J. Catro controis e mini-swicht activo-pasivo.
Standard Jazz V (1998-): similar ao Standard J-bass (1991-) mexicano, pero con cinco cordas, diapasón de pau-ferro e configuración de caravillas en liña.
Modelos xaponeses
Modelos xaponeses regulares
Standard J-bass (1988-91): logo prateado en spaguetti sobre a pa; substituÃdo pola versión mexicana Standard J-bass en 1991.
Marcus Miller J-bass (1998-): similar ao 75 J-bass (1992-94), pero con golpeador e electrónica redeseñados, catro controis e mini-swicht sobre o golpeador, coa sinatura de Marcus Miller sobre a pa.
Power J-bass Special (1988-91): nome do modelo sobre a pa (de grafito); Corpo de Precision Bass; Sen golpeador; Hardware negro.
The Ventures J-bass (1996): logo de The Ventures sobre a pa e -opcionalmente- sobre o corpo; Hardware bañado en ouro.
Modelos coreanos
J-bass 24: corpo redeseñado; 24 trastes; Sen golpeador.
J-bass 24 V: Versión en cinco cordas do modelo anterior. Formato 4+1.
Fender Squier Series J-bass (1992-94): "Squier series" engadido ao logo sobre a pa; Controis e entrada do jack situados directamente sobre o golpeador.
Notas
↑Bibl., "How the Fender Bass Changed the World", pp.66
↑Fender utiliza o termo "Offsett contour body" para referirse ao deseño orixinal do corpo do Jazz Bass
↑O Jazz orixinal contaba ademais cun diapasón de paurrosa, que se creara para o Precision un ano antes, en 1959
↑Ao longo dos anos, Fender usou moitas outras madeiras para a fabricación destes instrumentos (por exemplo, o freixo intercambiouse co ameneiro frecuentemente na fabricación dos corpos), mais as madeiras "clásicas" son as citadas no texto