En novembro de 2020, o entón presidente electo Joe Biden nomeou a Kerry enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o Clima.[2]
Traxectoria
Vida temperá
Kerry naceu en 1943 no Fitzsimons Army Medical Center en Aurora, Colorado. O seu pai era un oficial da Forza Aérea do Exército dos Estados Unidos. Estudou na Universidade de Yale e na Facultade de Dereito do Boston College. Foi criado como católico romano polo seu pai católico e nai episcopal.[3]
En 2003 Felix Gundacker, xenealoxista[4] que traballaba co Boston Globe, publicou que os avós paternos de Kerry naceran xudeus, como "Fritz Kohn e Ida Löwe", no Imperio Austrohúngaro, e cambiaron os seus nomes a "Frederick e Ida Kerry" en 1900, converténdose do xudaísmo ao catolicismo.[5]
Carreira
En 1968 e 1969, Kerry era un oficial da Mariña dos Estados Unidos en Vietnam. Durante a campaña de reelección de Obama de 2012, Kerry participou nun ensaio de debate, suplantando o candidato republicano Mitt Romney.[6]
O candidato á vicepresidencia de Kerry foi John Edwards. Perderon as eleccións ante George W. Bush e Dick Cheney. Unha das razóns polas que Kerry perdeu é porque a xente dicía que era un elitista que non entendía á maioría dos estadounidenses) e tamén porque un grupo chamado "Swift Boat Veterans for Truth" atacou o seu servizo en Vietnam.
En novembro de 2006, Kerry pediu desculpas após dicir que os estudantes universitarios necesitaban estudar moito ou, se non, "ficarían atrapados en Iraq".[1]
Secretario de Estado
O 21 de decembro de 2012, o presidente Barack Obama nomeou a Kerry para suceder a Hillary Clinton na Secretaría de Estado.[7][8][9] Kerry gañou a confirmación polo Senado o 29 de xaneiro de 2012 nunha votación de 94 a 3.[10][11] Asumiu o cargo o 1 de febreiro de 2013.
Nunha carta ao gobernador de MassachusettsDeval Patrick, Kerry anunciou a súa renuncia ao Senado a partir do 1 de febreiro.[12] Kerry xurou como Secretario de Estado o 1 de febreiro de 2013.[13]
Enviado Especial para o Cambio Climático
O 23 de novembro de 2020, o presidente electo Joe Biden anunciou que Kerry servirá como enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o cambio climático na administración Biden.[14] Xurou o cargo o 20 de xaneiro de 2021, o mesmo día en que Biden foi investido presidente.
Vida persoal
Estivo casado con Julia Thorne desde 1970 até que se divorciaron en 1988. Despois en 1995, casou con Teresa Heinz en Nantucket, Massachusetts.[15] Ten dúas fillas do primeiro matrimonio e tres fillastros, do segundo. Agora vive en Boston, Massachusetts. Kerry e o seu antigo competidor George W. Bush comparten un antepasado por parte materna de Kerry e por parte pai de Bush desde o século XVI.[16]
En 2003, a Kerry foi diagnosticado e tratada con éxito de cancro de próstata.[19] O 31 de maio de 2015, Kerry rompeu a perna dereita nun accidente de ciclismo en Scionzier, Francia, e foi trasladado ao Massachusetts General Hospital de Boston para a súa recuperación. O cirurxián ortopédico, o doutor Dennis Burke,[20] que coñecera a Kerry en Francia, acompañouno no avión de Francia a Boston, e operoulle a perna dereita o martes 2 de abril nunha operación de catro horas.[21][22]
↑Kerry, John (29 de xaneiro de 2013). "Carta de renuncia"(PDF). boston.com(en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
↑Klapper, Bradley; Lee, Matthew (1 de febreiro de 2013). "CLINTON OUT, KERRY IN AS SECRETARY OF STATE". ap.org(en inglés). Archived from the original on 04 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
↑Wenner, Jann S. (11 de novembro de 2004). "John Kerry". rollingstone.com(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
↑Redacción (11 de febreiro de 2003). "Sen. Kerry 's Surgery A Success". cbsnews.com(en inglés). Archived from the original on 05 de abril de 2005. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
↑"Dennis William Burke, MD". massgeneral.org(en inglés). 2015. Archived from the original on 23 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.