John Simmons Barth, nado en Cambridge, Maryland, o 27 de maio de 1930 e finado en Bonita Springs (Florida) o 2 de abril de 2024, foi un escritor posmodernista norteamericano.[1]
Traxectoria
Estudou na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Logo de se licenciar en 1952 foi profesor nas universidades de Pennsylvania State (1953-1965), SUNY Buffalo (1965-1973), Boston (1972-1973) e Johns Hopkins (1973-1995), antes de se xubilar en 1995.
As novelas curtas The Floating Opera (1956) e The End of the Road (1958) foron as primeiras obras que publicou, son obras nos que trata temas polémicos, o suicidio e o aborto, respectivamente.
The Sot-Weed Factor (1960) é unha densa novela épica de 800 páxinas sobre a colonización de Maryland baseada na nun poema de Ebenezer Cook, en 1967 apareceu unha nova versión con 50 páxinas menos.
Barth faleceu o 2 de abril de 2024 aos 92 anos de idade.[1]
Obra
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Witte, Brian (2024-04-03). "John Barth, innovative postmodernist novelist and Johns Hopkins emeritus professor, dies". Baltimore Sun (en inglés). Consultado o 2024-04-03.