John B. Watson

Modelo:BiografíaJohn B. Watson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Broadus Watson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1878 Editar o valor en Wikidata
Greenville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWillowbrook Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía
1915 – 1915 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristián Editar o valor en Wikidata
EducaciónFurman University (en) Traducir
Universidade de Chicago
Greenville High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJames Rowland Angell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicólogo, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Dewey Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeMary Ickes (–1920)
Rosalie Rayner (1899–1935), morte Editar o valor en Wikidata
FillosJohn Ickes Watson
 () Mary Ickes
Mary Ickes Watson
 () Mary Ickes
William Rayner Watson
 () Rosalie Rayner
James Broadus Watson
 () Rosalie Rayner Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уотсон Джон Бродес)
Obálky knih,
Medvik >>>:Watson, John Broadus, 1878-1958, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1237705 WikiTree: Watson-22365 Find a Grave: 6614541 Editar o valor en Wikidata

John Broadus Watson, nado en Travelers Rest (Carolina do Sur) o 9 de xaneiro de 1878 e finado en Woodbury (Connecticut) o 25 de setembro de 1958, foi un psicólogo estadounidense que estableceu a escola do condutismo. Watson promoveu un cambio na psicoloxía co discurso Psychology as the Behaviorist Views it, que deu na Universidade de Columbia en 1913.[1] Mediante as súas achegas condutistas, Watson dirixiu investigacións sobre o comportamento animal, cría dos nenos e publicidade. Ademais, dirixiu o controvertido experimento "Little Albert" e o experimento Kerplunk. Watson popularizou o uso da teoría científica co condutismo.[2] Foi tamén o editor de Psychological Review de 1910 a 1915.[3] Un estudo de Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Watson como o 17.º psicólogo máis citado do século XX.[4]

Traxectoria

Watson graduouse na Universidade de Chicago en 1903. A súa disertación Animal Education: An Experimental Study on the Psychical Development of the White Rat, Correlated with the Growth of its Nervous System, foi o primeiro documento científico moderno sobre o comportamento da rata branca. No documento, Watson describía a relación entre a mielinización cerebral e a capacidade de aprendizaxe nas ratas ao longo do seu desenvolvemento biolóxico.

Watson permaneceu na Universidade Johns Hopkins varios anos realizando investigacións sobre a relación entre inputs sensoriais e aprendizaxe e comportamento das aves. Ao ter de deixar a universidade, dedicouse ao ámbito da publicidade,[5] pasando a traballar como psicólogo para a axencia J. Walter Thompson.

Tralo falecemento da súa esposa en 1935, distanciouse dos círculos sociais e foi vivir á súa granxa de Connecticut, onde pasou os últimos anos da súa vida dedicado aos labores do campo.[5]

Vida privada

John B. Watson casou con Mary Ickes, irmá de Harold L. Ickes, mentres estaba na escola de grao.[6] Tiveron dous fillos, tamén chamados John e Mary Ickes Watson.[7][8] O marido de Mary foi Paul Hartley, e a súa filla é a actriz, activista pola desorde bipolar e fundadora da American Foundation for Suicide Prevention, Mariette Hartley. Mariette atribuíu os seus problemas psicolóxicos a que foi criada coas teorías do seu avó.[9]

A esposa de Watson posteriormente solicitou o divorcio debido ás relacións del coa súa alumna Rosalie Rayner (1898–1935).[6] O asunto estivera nas portadas dos xornais de Baltimore durante o proceso de divorcio. Mary buscou o cuarto de Rayner e atopou cartas de amor que el lle escribira.[10] en outubro de 1920, a Universidade Johns Hopkins pediu a Watson que abandonase o seu posto no claustro a causa desta publicidade.[11]

Despois do divorcio, Watson e Rayner casaron en New Jersey en 1920[11] e permaneceron xuntos ata a morte dela en 1935.[12] John e Rosalie tiveron dous fillos, William Rayner Watson (1921) e James Broadus Watson (1924), e criáronos segundo os principios condutistas nos que cría John. Como a súa media irmá Mary, ambos os fillos tiveron intentos de suicidio.[13] William suicidouse en 1954.[14]

Notas

  1. Watson, J. B. (1913). "Psychology as the Behaviorist Views it.". Psychological Review 20 (2): 158–177. doi:10.1037/h0074428. 
  2. Cohn, A. S. (2014). Watson, John B. In L. H. Ganong, & M. J. Coleman (eds.), The social history of the American family: An encyclopedia. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. Consultado de http://proxy.rockford.edu:2048/login?url=http://search.credoreference.com/content/entry/sageamrcafam/watson_john_b/0
  3. Kintsch, Walter; Cacioppo, John T. (1994). "Introduction to the 100th Anniversary Issue of the Psychological Review". Psychological Review 101 (2): 195–199. doi:10.1037/0033-295x.101.2.195. 
  4. Haggbloom, Steven J.; Warnick, Renee; Warnick, Jason E.; Jones, Vinessa K.; Yarbrough, Gary L.; Russell, Tenea M.; Borecky, Chris M.; McGahhey, Reagan; Powell, John L., III; et al. (2002). "The 100 most eminent psychologists of the 20th century". Review of General Psychology 6 (2): 139–152. doi:10.1037/1089-2680.6.2.139. 
  5. 5,0 5,1 Lafuente, E. e outros (2017). Historia de la Psicología. Madrid: UNED (en castelán).
  6. 6,0 6,1 Reevy, Gretchen; Ozer, Yvette Malamud; Ito, Yuri (2010). Encyclopedia of Emotion (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9780313345760. 
  7. Todd, James Thomas; Morris, Edward K. (1994-01-01). Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism (en inglés). Greenwood Publishing Group. ISBN 9780313273070. 
  8. Buckley, Kerry W. (1989-01-01). Mechanical Man: John Broadus Watson and the Beginnings of Behaviorism (en inglés). Guilford Press. p. 185. ISBN 9780898627442. 
  9. Hartley, M. & Commire, A. (1990). Breaking the Silence. Nova York: G.P. Putnam's Sons.
  10. Hothersall, D. (2004). History of psychology. Boston: McGraw Hill.
  11. 11,0 11,1 The Washington Times, 2 de xaneiro de 1921
  12. Murray, D. J. (1988). A history of western psychology. New Jersey: Prentice Hall.
  13. Smirle, Corinne. (2013). Profile of Rosalie Rayner. In A. Rutherford (Ed.), Psychology's Feminist Voices Multimedia Internet Archive. Consultado de http://www.feministvoices.com/rosalie-rayner/ Arquivado 29 de marzo de 2020 en Wayback Machine.
  14. The Social History of the American Family: An Encyclopedia

Véxase tamén

Bibliografía

  • Buckley, Kerry W. Mechanical Man: John Broadus Watson and the Beginnings of Behaviorism. Guilford Press, 1989.
  • Buckley, Kerry W. "Misbehaviorism: The Case of John B. Watson's Dismissal from Johns Hopkins University". En J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
  • Coon, Deborah J. "'Not a Creature of Reason': The Alleged Impact of Watsonian Behaviorism on Advertising in the 1920s." In J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
  • Curtis, H. S. (1899/1900). "Automatic Movements of the Larynx". American Journal of Psychology 11, 237-39.
  • Dewsbury, Donald A (1990). "Early interactions between animal psychologists and animal activists and the founding of the APA committee on precautions in animal experimentation". American Psychologist 45 (3): 315–27. doi:10.1037/0003-066x.45.3.315. 
  • Harris, B. (1984). "'Give me a dozen healthy infants...': John B. Watson's popular advice on childrearing, women, and the family". En M. Lewin (Ed.), "In the shadow of the past: Psychology portrays the sexes" (pp. 126–154). Nova York: Columbia University Press.
  • Mills, John A. Control: A History of Behavioral Psychology. Nova York: New York University Press, 1998.
  • Samelson, F (1981). "Struggle for Scientific Authority: The Reception of Watson's Behaviorism, 1913-1920". Journal of the History of the Behavioral Sciences 17 (3): 399–425. doi:10.1002/1520-6696(198107)17:3<399::aid-jhbs2300170310>3.0.co;2-2. 
  • Todd, James T. "What Psychology Has to Say About John B. Watson: Classical Behaviorism in Psychology Textbooks, 1920-1989." In J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
  • Todd, James T.; Morris, Edward K. (1986). "The Early Research of John B. Watson: Before the Behavioral Revolution". The Behavior Analyst 9 (1): 71–88. PMC 2741879. PMID 22478649. doi:10.1007/BF03391931. 
  • Todd, James T., & Morris, Edward K. Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
  • Watson, John B (1907). "Kinaesthetic and Organic Sensations: Their Role in the Reactions of the White rat to the Maze". Psychological Review Monograph Supplement 8 (33): 1–100. 
  • Watson, John B. (1908). "The Behavior of Noddy and Sooty Terns." "Carnegie Institute Publication," 103, 197-255.
  • Watson, John B. Behavior: An introduction to comparative psychology. Henry Holt, 1914
  • Watson, John B (1915). "Recent experiments with homing birds". Harper's Magazine 131: 457–64. 
  • Watson, John B. Behaviorism (revised edition). University of Chicago Press, 1930.
  • Watson, John B. "John Broadus Watson [Autobiography]." In C. Murchison (Ed.), A History of Psychology in Autobiography (Vol. 3, pp. 271–81). Clark University Press, 1936.
  • Wyczoikowska, A. (1913). "Theoretical and experimental studies in the mechanism of speech." "Psychological Review," 20, 448-58.

Ligazóns externas