Jefferson Davis, nado en Fairview, Kentucky o 3 de xuño de 1808 e finado en Nova Orleáns (Luisiana) o 6 de decembro de 1889, foi un soldado e político estadounidense. Foi o presidente dos Estados Confederados de América durante a Guerra Civil Estadounidense.
Traxectoria
Antes da guerra, desempeña servizos na lexislatura de Mississippi, e en ambas as casas do Congreso. Loitou na Intervención Norteamericana en México cun rexemento voluntario. Desempeñou despois a Secretaría da Guerra no gabinete de Franklin Pierce.
O 9 de febreiro de 1861 foi elixido presidente dos recentemente creados Estados Confederados de América, establecéndose na capital, Richmond, en maio do mesmo ano. Organizou o exército Confederado, que deu comezo á Guerra de Secesión ao atacar Fort Sumter en abril de 1861.
Aínda que a sorte das armas favoreceu, nos primeiros anos da guerra (1861-1863), aos Confederados ou Sudistas, destacando o seu éxito nas dúas Batallas de Bull Run (xuño de 1861 e agosto de 1862), as cousas cambiaron tralo fracaso da invasión sudista dos territorios do norte, fracaso evidenciado na batalla de Gettysburg (xullo de 1863). Gettysburg marcou o punto de inflexión na guerra.
O 2 de abril de 1865 Davis viuse forzado a abandonar Richmond para trasladarse a Danville, Virxinia. Tras a capitulación do xeneral Robert E. Lee en Appomattox, Davis tratou de fuxir do territorio estadounidense, pero foi capturado en Irwinville (Xeorxia) o 10 de maio de 1865, sendo posto en liberdade o 13 de maio de 1867, trasladándose ao Canadá.
Finalmente, puido regresar aos Estados Unidos en 1869, dedicándose a actividades privadas ata o seu falecemento en 1889.
Véxase tamén
Ligazóns externas