Jean Vigo

Modelo:BiografíaJean Vigo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Bonaventure de Vigo Almereyda Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1905 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1934 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Bagneux, 29 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDocumental Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Francia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, guionista, montador, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata - 1934 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLuce Vigo Editar o valor en Wikidata
PaiMiguel Almereyda Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.423) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0897118 Allocine: 3884 Allmovie: p115432
BNE: XX1474003 Find a Grave: 6797036 Editar o valor en Wikidata

Jean Vigo, nado en París o 26 de abril de 1905 e finado o 5 de outubro de 1934, foi un director de cine francés. É coñecido fundamentalmente por dúas películas que tiveron unha grande influencia no desenvolvemento posterior do cine francés: Zéro de conduite (1933) e L'Atalante (1934).

Traxectoria

Era fillo do militante anarquista catalán Eugène-Bonaventure de Vigo, coñecido co sobrenome de Miguel Almereyda (anagrama de "y a de la merde"), director do periódico Le Bonnet Rouge. O seu pai foi arrestado e encarcerado en Fresnes, onde, en 1917, foi atopado morto, estrangulado cos cordóns dos seus zapatos. A causa da reputación do seu pai, Jean debeu adoptar un pseudónimo, Jean Sales. Entre 1918 e 1922 foi alumno nun internado de Millau, experiencia na que se baseou para rodar Zéro de conduite.

A súa primeira película, a mediametraxe muda À propos de Nice (1930), é unha especie de ensaio fílmico de ton satírico que explora as desigualdades sociais da Niza dos anos 20, lanzando unha feroz diatriba contra os veraneantes burgueses. No filme colaborou o director de fotografía ruso Boris Kaufman (irmán do director Dziga Vertov), que interviría despois en tódalas obras de Vigo.

En 1930, Vigo crea en Niza un cine-club chamado "Les Amis du Cinéma", onde programa, entre outras moitas, películas soviéticas. O seu seguinte filme, de encargo, foi Taris, roi de l'eau (1931), un documental sobre o campión de natación Jean Taris, destacable sobre todo polas tomas subacuáticas.

Zéro de conduite é unha obra moito máis persoal. Rodada con baixo presuposto, é unha mediametraxe de 45 minutos que narra a insurrección dos estudantes dun internado contra os seus estritos profesores. Gran parte do argumento baséase nos recordos de Vigo, que pasou gran parte da súa infancia en internados. O filme é un canto ó anarquismo infantil, e tivo unha grande influencia sobre a ópera prima de Truffaut, Les Quatre Cents Coups, unha das películas chave da nouvelle vague. Considerada antipatriótica, estivo prohibida en Francia ata 1946.

Ó ano seguinte, en colaboración con Boris Kaufman, produciu a súa obra mestra, L’Atalante (1934). Na película cóntase a historia de amor entre un mozo mariñeiro sen obxectivos e a súa moza esposa. A acción transcorre nun pequeno cargueiro, onde a parella recentemente casada vese obrigada a convivir cun vello piloto, interpretado por Michel Simon.

Jean Vigo faleceu en París de tuberculose, e foi inhumado no camposanto de Bagneux, na capital francesa.

Jean-Luc Godard adicoulle a súa película Les Carabiniers.

Premio Jean Vigo

En 1951 foi creado na súa honra en Francia o Premio Jean Vigo, que distinguiu frecuentemente a realizadores novos. Desde 2007, o Festival Punto de Vista de Pamplona (que toma o seu nome do "punto de vista documentado" que defendía Jean Vigo) entrega un "Premio Jean Vigo" ó mellor director dos que compiten na súa sección oficial.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas