Un anagrama é unha palabra ou frase que resulta de traspoñer as letras doutra palabra ou frase; por exemplo, amor e Roma. É dicir, as dúas palabras teñen as mesmas letras, coa mesma cantidade de aparicións, pero nunha orde diferente. Na lingua galega os anagramas non teñen relación gramátical ningunha (a non ser algunha coincidencia). É un procedemento que se emprega con frecuencia en adiviñas, xogos de palabras e formación de pseudónimos.
Anagramas máis coñecidos
- Valentín Paz-Andrade fixo un anagrama co nome de Afonso Daniel Rodríguez Castelao: "Estrela zodiacal guiador noso na fe".
- O título do libro Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, é o nome da parroquia de Angoares (Ponteareas) ao revés.
- En The Simpsons, Homer ten un amigo chamado Ray Magini. Lisa logo descobre que ese nome é un anagrama para "Imaginary" (que quere dicir "Imaxinario" en galego).
- Na serie de libros de Harry Potter, o nome real de Milord Voldemort é Tom Morlov Riddle.
- No libro Lolita aparece un personaxe chamado Vivian Darkbloom, anagrama do autor do libro de Vladimir Nabokov.
- Na novela de ficción O código Da Vinci, de Dan Brown aparece no chan da gran galería do Museo do Louvre a mensaxe : "Diavole in Dracon! Límala, Asno", o cal significa "Leonardo Da Vinci", "La Mona Lisa". Tamén no cadro da Mona Lisa se atopa a frase : "No Verdad Lacra Iglesias" (La Virgen de las Rocas).
- O título do disco de Marilyn Manson, Mechanical Animals é un anagrama que significa "is an alchemical man".
- O poeta André Breton quixo criticar a afección polos cartos de Salvador Dalí co anagrama do seu nome "Ávida Dollar".