Jean Clottes, nado en 1933 en Espéraza (Aude) é un prehistoriador francés, especialista do paleolítico superior e da arte rupestre.
Traxectoria
Fixo os seus estudos secundarioss no liceo (lycée) de Carcasona de 1944 a 1950 e os seus estudos superiores en Tolosa Despois duns anos de profesor no liceo de Foix, emprende os estudos de prehistoria. A súa tese foi sobre os dolmens de Lot. Docteur ès lettres et sciences humaines desde 1975, foi director de Antigüidades prehistóricas da rexión Mediodía-Pireneos. Antigo conservador xeral do Patrimonio no ministerio de Cultura, do que foi conselleiro científico sobre a arte prehistórica.
Tamén é presidente do ICOMOS [1] e responsábel do estudo científico da gruta Chauvet e da Cosquer.
Teoría do xamanismo parietal
Realizou un importante traballo para tratar de comprender o cadro conceptual das pinturas rupestres, que puido relacionar co xamanismo. A apariciónn do libr Les chamanes de la Préhistoire escrito en colaboración con D. Lewis-Williams permitiulle avanzar varios argumentos no sentido do recoñecemento dunha sociedade paleolítica entrada na práctica de ritos xamánicos. A obra foi á vez innovadora e criticada, o que levou ao autor a precisar os seus puntos de vista, insistindo no feito de que se trataba máis ben dunha hipótese científica plausíbel e non de afirmacións non fundamentadas. Hoxe en día a teoría do xamanismo á comunmente aceptada no medio científico cando se fala das realizacións parietais nas grutas ornamentadas paleolíticas.
Obra
- Cavernes de Niaux
- Art Préhistorique en Ariège
- La Grotte Cosquer, con Jean Courtin
- Les Chamanes de la Préhistoire, con David Lewis-Williams, éditions du Seuil ISBN 2-02-028902-4
- La préhistoire rancontée à mes petits-enfants
- L'Art des cavernes préhistoriques, Phaidon.
- Grotte Chauvet, éditions du Seuil ISBN 978-2-02-102208-7
- Miquel Barceló, en colaboración con Alberto Manguel e Éric Mézil, éditions Actes Sud e Collection Lambert, 2010 ISBN 978-2-7427-9142-2
- Cosquer redécouvert, en colaboración con Jean Courtin e Luc Vanrell, Editiions du Seuil, 2005. ISBN 978-2020655507
- Les Cavernes de Niaux, Art préhistorique en Ariège, éditions Errance, 2010.
- La France préhistorique, un essai d’histoire (dir.), Gallimard, 2010.
Notas
- ↑ O ICOMOS, Comité internacional dos monumentos e os sitios (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites é unha asociación civil non gobernamental, con sede en París (Francia) ligada á ONU, a través da Unesco.
Véxase tamén
Ligazóns externas