Jean-Marie Gustave Le Clézio
Jean-Marie Gustave Le Clézio, ás veces abreviado como J.M.G. Le Clézio, nado en Niza o 13 de abril de 1940, é un escritor franco-mauricio. Coñeceu moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios. En 2008 acadou o Premio Nobel de Literatura,[1][2] como "escritor de novas saídas, da aventura poética e da éxtase sensual, explorador dunha humanidade máis aló e debaixo da civilización reinante".
Traxectoria
Jean-Marie Le Clézio é fillo de Raoul Le Clézio, cirurxián, e de Simonne Le Clézio, a súa curmá (os dous son netos de Sir Eugène Le Clézio) e proveñen dunha familia bretoa emigrada á illa Mauricio no século XVIII cando sofren a colonización británica. Escribe ao sete anos un primeiro libro sobre o mar. Unha longa viaxe na cabina do barco que o conduce coa súa nai a Nixeria onde vai reencontrar ao seu pai que é médico na selva. Prosegue estudos no colexio literario universitario de Niza, e despois dalgúns anos en Londres e Bristol, fáise profesor nos Estados Unidos.
Sen deixar de escribir desde os sete anos, alcanza a fama aos 23 cando aparece Le Procès-verbal, polo cal recibe o premio Renaudot en 1963. De 1963 a 1975, as novelas e os ensaios de Le Clézio exploran os temas da tolemia, a linguaxe, a escritura, coa intención de explorar certas posibilidades formais e tipográficas, na liña doutros escritores da súa época (Georges Perec ou Michel Butor). Clézio ten entón unha imaxe de escritor anovador e rebelde que lle vale a admiración de Michel Foucault ou Gilles Deleuze. En 1964, estuda a soidade na obra de Henri Michaux, tema da súa memoria para o Diploma de Estudos Superiores.
Obras
Narrativa
- Le Procès-verbal, 1963.
- Le Jour où Beaumont fit connaissance avec sa douleur, 1964.
- La Fièvre, 1965.
- Le Déluge, 1966.
- Terra Amata, 1967.
- Le Livre des fuites, 1969.
- La Guerre, 1970.
- Lullaby, 1970.
- Les Géants, 1973.
- Voyages de l'autre côté, 1975.
- Mondo e outras historias (Mondo et autres histoires), 1978.[3]
- Désert, 1980. Premio Paul-Morand.
- La Ronde et autres faits divers, 1982.
- Le Chercheur d'or, 1985.
- Voyage à Rodrigues, 1986.
- Printemps et autres saisons, 1989.
- Onitsha, 1991.
- Étoile errante, 1992.
- Pawana, 1992.
- La Quarantaine, 1995.
- Poisson d'or, 1997.
- Hasard (suivi d'Angoli Mala), 1999.
- Cœur Brûle et autres romances, 2000.
- Révolutions, 2003.
- Ourania, 2005.
- Ritournelle de la faim, 2008.
Ensaio
- L'Extase matérielle, 1967.
- Haï, 1971.
- Mydriase, 1973.
- Vers les icebergs, 1978.
- L'Inconnu sur la Terre, 1978 p.
- Trois Villes saintes, 1980.
- Le Rêve mexicain ou la pensée interrompue, 1988.
- Diego et Frida, 1993. (biografía de Diego Rivera e Frida Kahlo)
- La Fête chantée, 1997.
- Raga: approche du continent invisible, 2006.
- Ballaciner, 2007.
Como editor
- Les Prophéties du Chilam Balam, 1976.
- Sirandanes (con Jémia Le Clézio), 1990.
Literatura infantil
- Voyage au pays des arbres, 1978.
- Relation de Michoacan, 1984.
Notas
|
---|
1901–1925 | | |
---|
1926–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|
|
|