Jean-Louis Tulou, nado o 12 de setembro en París (Francia) e finado o 23 de xullo de 1865 en Nantes (Francia) foi un frautista, profesor, compositor e luthier francés.
Traxectoria
Seu pai, Jean-Pierre Tulou (1749–1799), foi fagotista na Ópera de París. Jean-Louis estudou no Conservatorio de París á idade de 10 anos, converténdose en profesor do mesmo de 1829 a 1856. Foi un dos principais opositores á nova frauta traveseira proposta por Theobald Boehm. Adicouse tamén á manufactura de frautas. Ten especial relevancia o seu Méthode de flûte publicado en 1835.