Uniu na súa persoa os principados de Moscovia, Vladímir e Nóvgorod.
O seu alcume de Kalit ("da bolsa·) provén da súa capacidade como recadador de tributos para os mongois da Horda de Ouro dirixida por Uzbeg, do cal era vasalo.[3])
O 4 de agosto de 1304 colocou a primeira pedra da Catedral da Asunción de Moscova que logo foi destruída debido ao seu estado ruinoso e substituída pola actual.
Asolou Tver con cerca de 50.000 homes, en nome do khan e despois de que os habitantes dese principado masacraran aos seus cobradores de triubutos. Tras esta fazaña, o khan concedeulle o título de Gran Príncipe de Moscova, de Vladímir e de toda a Rusia.
Iván non dubidou en buscar unha alianza co khan para protexerse das invasións lituanas.[4] A súa intención era a de expandir o seu principado polas terras rusas e gobernalas dun modo único baixo o seu cetro.
Logrou entenderse coa Horda de Ouro, explicando que un pobo que non viu nunca favorabelmente aos ocupantes, premíaos, e que pensaba que era mellor amigarse con eles. Non vacila el mesmo en tomar parte desa percepción. Tamén se apoia no clero e obtén o traslado da residencia do bispo metropolitano da Igrexa ortodoxa rusa Pedro (Pedro de Kíiv), ruso de nacemento, e que gozaba dunha grande autoridade, desde Vladímir a Moscova en 1325; o sucesor de Pedro, o grego Theognostos (1328-1353) fixou definitivamente en Moscova a sede metropolitana.
Usou a súa riqueza, acumulada como recadador de tributos do khan, para dar préstamos aos principados rusos veciños. Estas cidades caeron gradualmente cada vez máis profundamente na débeda, unha condición que permitiría aos sucesores de Iván anexionalas. O pobo chamou a Iván "o compilador das terras rusas".
Comprou terras ao redor de Moscova, e moitos propietarios pobres venderon ás súas terras por vontade propia. Algúns deles mantiñan o dereito a gobernar nas súas terras en nome de Iván Kalitá. Dunha ou outra forma un bo número de cidades e pobos se uniron ao Principado de Moscova: Uglich en 1323, o principado de Belozero en 1328–1338, o Principado de Galich en 1340.
O maior éxito de Iván, porén, foi convencer ao khan en Sarai que o seu fillo primoxénito, Simeón o Orgulloso, debería sucedelo como Gran Príncipe de Vladímir; desde aquela, o importante principado case sempre pertenceu á casa gobernante de Moscova.
Á súa morte, ocorrida en 1341, deixou 26 cidades —entre as que se encontraban Moscova e Vladímir— ao seu fillo primoxénito Simeón, 23 cidades ao seu segundo fillo Iván, 21 a Andrei e outras 26 á su segunda esposa e aos seus fillos menores.
En segundas nupcias casou con Alexandra, coa que tivo seis fillos:
Fefinia Ivánovna
María Ivánovna, que casou co Príncipee Konstantín de Rostov.
André Ivánovich
Eudoxia Ivánovna
Fedosia Ivánovna
María Ivánovna
Legado
Baixo Iván Kalitá, Moscova foi crecendo rapidamente e a súa residencia no Kremlin converteuse na principal parte da cidade. A erección das construcións de madeira ou de pedra branca iniciouse no Kremlin. Foi construído un bo número de igrexas: a Catedral da Asunción, en 1326-1327; a igrexa de Iván da escaleira (San Xoán Clímaco), en 1329; a Catedral do Salvador, en 1330, e a Catedral do Arcanxo Miguel, en 1333, besta última é onde Iván I e os seus descendentes están enterrados.
Entre 1339 e 1340, Iván Kalitá erixiu unha nova fortaleza de carballo máis grande no outeiro de Borovitsky (onde se alza o Kremlin).
Notas
↑ 1,01,1Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, (Academic International Press, 2000), p. 194.
↑Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, p. 190.
↑Basil Dmytryshyn, Medieval Russia: A source book, 850-1700, p. 195.
↑S. C. Rowell, Lithuania Ascending: A Pagan Empire within East Central Europe, 1295-1345, (Cambridge University Press, 1994), p. 250.
Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200¡¡. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.