Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Pedro II de Rusia (en ruso: Пётр II Алексеевич ou Pyotr II Alekseyevich), nado o 23 de outubro de 1715 e finado o 30 de xaneiro de 1730, foi o Emperador de Rusia dende 1728 até a súa morte. Foi o único fillo do tsarévichAleksei Petrovich, fillo de Pedro o Grande e da súa dona Eudoxia lupokhina. Foi o único home na liña sucesoria directa de Pedro o Grande.
Pedro naceu en San Petersburgo o 18 de outubro de 1715 polo calendario xuliano. Dende a súa infancia, o orfo Gran Duque foi estritamente apartado do seu cargo. O seu avó, Pedro o Grande, ignorouno sistematicamente. A súa educación correu a cargo, nos primeiros anos, por parte dun capitán chamado Norman, o cal lle ensinou as bases da navegación, cando se fixo máis grande, a súa educación continuou a cargo dun refuxiado húngaro, Janos Zeikin.
Durante o reinado de Catalina I, Pedro seguía sendo ignorado, pero xusto despois da morte de Catalina Pedro deuse conta do poder que acumulaba na súa persoa. A maioría da nación e tres cuartas partes da nobreza apoiábano, mentres que o seu primo (e rival), o Emperador Carlos IV, a través do seu embaixador en San Petersburgo, persistía nas súas demandas para obter o poder. O problema sucesorio arranxouse entre os dous enviados das partes litigantes, Aleixandre Danilovich Menshikov e Andrei Osterman.
O 18 de maio de 1727, Pedro foi proclamado como Soberano Autócrata de todos os rusos.