Isabela Figueiredo, nada en Lourenço Marques, Mozambique en 1963,[1] é unha escritora e profesora portuguesa que salienta dentro da literatura poscolonial portuguesa.[2] Logo da independencia de Mozambique regresou en 1975 a Lisboa (Portugal), a terra dos seus pais, como retornada.
Traxectoria
Figueiredo licenciouse en Linguas e Literaturas Modernas (unha variante de Estudos Portugueses) pola Facultade de Ciencias Sociais e Humanas (FCSH) na Universidade Nova de Lisboa e está especializada en estudos de xénero pola Universidade Aberta de Lisboa. Comezou a escribir en 1983 publicando textos no suplemento literario do Diário de Notícias, un dos xornais máis influentes da época. En 1988 gañou o primeiro premio na Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa súa novela Conto é Como Quem Diz. Traballou xomo xornalista no Diário de Notícias entre 1988 e 1994, onde tamén coordinou o suplemento DN Jovem. Traballa como profesora de ensino secundario de portugués.[3]
A súa obra enmárcase dentro da literatura poscolonial portuguesa. En 1988 publicou "Conto é Como Que Diz" baixo o nome de Isabel Almeida Santos. En 2009 publicou o seu "Caderno de Memórias Coloniais" cunha moi boa acollida por parte da crítica,[4] e en 2010 foi elixido un dos libros máis salientables da década por un dos suplementos culturais máis recoñecidos no eido portugués actual.[5] Foi escollido pola escritora Maria da Conceicão Caleiro e o ensaísta e profesor Gustavo Rubim no especial publicado pola revista de cultura Ipsilon (suplemento de cultura do xornal Público). O seu libro "A Gorda" (2016) foi considerado un dos dez mellores libros de 2016 pola revista en liña Espalha-Factos.[6]
En 1988 foi recoñecido o seu talento co premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias, coa novela Conto é Como Que Diz[7] e en 2010 recibiu o premio ao mellor libro do amo con Caderno de Memórias Coloniais.
Obra
Premios
- 1988 – Primeiro Premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa novela: "Conto é Como Quem Diz".
- 2010 – Monstro do Ano, Mellor Libro do Ano, por Angelus Novus.
Notas