Unha Igrexa particular é, no dereito canónico católico, unha comunidade eclesiástica encabezada por un bispo, ou por outra persoa recoñecida canonicamente como o seu equivalente.
Clasificación
Existen dous tipos de Igrexas particulares:
- Igrexas particulares locais, como as dioceses (a forma máis común deste tipo de igrexa particular) ou as abadías territoriais, as vigairías apostólicas ou as prefecturas apostólicas.[1]
- Igrexas particulares autónomas, tamén coñecidas como "Igrexas sui iuris". Son os conxuntos de igrexas particulares locais que comparten unha tradición litúrxica, teolóxica e canónica específica e común. A miúdo son chamadas "igrexas ou ritos particulares".[2] A maior destas Igrexas é a Igrexa católica latina, e coñécese colectivamente ás outras como igrexas católicas orientais. As maiores delas están dirixidas por un bispo que ten o título de patriarca ou arcebispo maior.
Igrexas particulares autónomas
Existen 23 Igrexas autónomas, unha occidental e 22 orientais, unha distinción máis histórica que xeográfica. O termo sui iuris significa que teñen as súas propias leis. Malia manter as mesmas crenzas e a mesma fe, diferéncianse nas súas tradicións, na súa disciplina e no seu dereito canónico. As 23 están en comuñón coa Santa Sé, en Roma.
Para este tipo de igrexa particular, o Código de Dereito Canónico de 1983 empresa a expresión de "Igrexa ritual autónoma" (en latín, Ecclesia ritualis sui iuris). O Código dos Canons das Igrexas Orientais abrevia esta frase a "Igrexa autónoma" (en latín, Ecclesia sui iuris).
Lista das igrexas particulares autónomas
A continuación amósase unha lista das igrexas particulares autónomas. No caso das columnas de Primado e Titular amósase o máis alto xerarca de cada igrexa. No caso do Papa, cómpre sinalar que non só exerce os deberes papais respecto á Igrexa universal, senón que tamén exerce os deberes patriarcais respecto á Igrexa latina e respecto a algunhas igrexas particulares con rango menor que o de arcebispal maior. Os datos numéricos de fieis correspóndense cos do Annuario Pontificio de 2013, agás se especifique outro ano.
Igrexas particulares locais
Cada diocese (termo latino) ou eparquía (termo oriental) é tamén unha igrexa particular, unha igrexa local, aínda que non ten a autonomía das anteriores. O CIC de 1983, que trata tan só da Igrexa latina e, por tanto, dunha soa "igrexa particular autónoma", emprega o termo de "igrexa particular" no sentido de "igrexa local".
A forma común destas igrexas locais, cada unha encabezada por un bispo, chámase "diocese" na Igrexa latina e "eparquía" en cada unha das igrexas orientais". A finais de 2011, o número total destas era de 2.834.[3]
Significación teolóxica
A diferenza doutras "familias" ou "federacións" de Igrexas formadas mediante o recoñecemento mutuo de diferentes grupos eclesiásticos, a Igrexa católica considérase unha única Igrexa ("un Corpo") composto de moitas Igrexas particulares. Cada unha destas igrexas particulares non é considerada como unha sección ou división, senón que teolóxicamente considérase a propia Igrexa católica, na súa totalidade, nun territorio ou comunidade particular: "nas que e en base as que constitúese a Igrexa católica unha e única".[4]
Notas
|
---|
Tradición alexandrina: | |
---|
Tradición antioquense: | |
---|
Tradición armenia: | |
---|
Tradición bizantina: | |
---|
Tradición caldea: | |
---|
Tradición latina: | |
---|